• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Ciclo de Cultura Océanica: A Conservación da Biodiversidade Mariña

Vostede está aquí

Ciclo de Cultura Océanica: A Conservación da Biodiversidade Mariña
Prazas limitadas
Data
venres, 26 Abril, 2024
Horario

De 10 a 14 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Deputación da Coruña, dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica'

Obxectivos
  • Coñecer o movemento de Cultura Oceánica e a súa vinculación coa conservación e sostibilidade dos océanos.
  • Salientar a importancia e a riqueza dos océanos e todo o que aportan a saúde do Planeta.
  •  Divulgar experiencias exitosas de conservación mariña.
  • Achegar a diversidade mariña con exemplos de problemáticas que nos afectan.
Dirixido a

Xestores/as de espazos protexidos, persoal técnico vinculados á conservación do patrimonio natural, comunidade educativa, profesionais da educación e da educación ambiental, intérpretes do patrimonio e público xeral interesado.

Programa
  • 10.00 h. Inauguración e introdución á xornada.
  • 10.30 h. Proxecto LIFE INTEMARES, premio á mellor contribución á conservación mariña. Dna. Elena Ruiz, Técnica do proxecto. Área de Conservación e Restauración de Ecosistemas da Fundación Biodiversidad.
  • 11.15 h. Proxecto AVES ÁRTABRAS, investigación e participación para a conservación das aves mariñas. D. Sergio París Gómez, Educador Ambiental do CEIDA.
  • 12.00 h. Descanso.
  • 12.30 h. Mesa redonda: A importancia da conservación dos mamíferos mariños e retos a afrontar:
    • D. Alfredo López, Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).
    • Dna. Raquel Puig Lozano, Doutora en Sanidade Animal e Seguridade Alimentaria pola Universidad de Las Palmas de Gran Canaria. Instituto Universitario de Sanidad Animal y Seguridad Alimentaria.
Inscrición
  • Actividade gratuíta.
  • Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición.

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio