19 h. (hora española)
Actividade online, a través de Plataforma Zoom.
CEIDA
Deputación da Coruña, dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica'
A Educación Ambiental e a Ecoloxía Humana, tal como a concebimos, pretende rescatar a articulación entre os aspectos persoais, socioculturais e naturais, implicando o coñecemento e recoñecemento do lugar ao que pertencemos e nos da identidade. Por elo, a área de Educación Ambiental e Ecoloxía Humana da Facultade de Educación da Universidade de Brasília destaca a necesidade de promover a Educación Ambiental que vai máis alá de plantar árbores: busca a implicación de todas as persoas na solución dos problemas ambientais que nos afectan.
Como unha forma de ampliar a visión da realidade socioambiental brasileira, creouse o Museo do Cerrado, unha ferramenta científico-pedagóxica virtual que permite contribuir á construción colectiva do sentimento de pertenza ao Cerrado, a sabana máis biodiversa do planeta Terra; ademáis de ser un espazo de colaboración, conexión, discusión e, por conseguinte, de creación de coñecemento e intervención social neste territorio tan importante para América do Sur.
O obxectivo desta conferencia é presentar o traballo da área de Educación Ambiental e Ecoloxía Humana da Facultade de Educación da Universidade de Brasília, espacialmente o traballo de divulgación científica que desenvolven a través do Museo do Cerrado. Un espazo virtual que pretende divulgar os coñecementos científicos, os saberes e os faceres populares acerca da sociobiodiversidade de esta sabana tropical de Brasil.
O museo pode visitarse en: www.museucerrado.com.br
Rosângela Corrêa.
Graduada en Historia polo Centro Universitario de Brasilia (1983), mestrada en Antropoloxía Social (1988) e doutorada en Antropoloxía Social pola Universidade Iberoamericana (1993). Pos-doutorada en Ecoloxía Humana na Universidade Autónoma de Barcelona, no Institut de Ciència i Tecnologia Ambientals (ICTA, 2016) e na Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa. Actualmente é profesora adxunta na Facultade de Educación da Universidade de Brasilia e directora xeral do Museo do Cerrado.
Actividade gratuíta.
Prazas limitadas.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org