Salón de Actos FEUGA. Campus Sur, Santiago de Compostela
O Proxecto “Entre Sar e Sarela” para o fomento de actuacións dirixidas á renaturalización e resiliencia de cidades españolas correspondente ao ano 2022, conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
O proxecto está coordinado polo Concello de Santiago de Compostela e a Universidade de Santiago de Compostela. O seu obxectivo é impulsar a renaturalización urbana e a infraestrutura verde de Santiago de Compostela para favorecer a conectividade ecolóxica do Anel Verde Exterior coa trama urbana.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org