Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Instituto Internacional de Facilitación e Cambio (IIFAC-E)
Educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, emprendedoras/es sociais, xestores, activistas sociais, animadores/as socioculturais, participantes de organizacións interesadas en mellorar o seu funcionamento grupal ou en como facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos e comunidades dunha forma participativa, innovadora e potenciando a diversidade.
Interésache se...
A facilitación é o conxunto de habilidades, técnicas e ferramentas para crear as condicións que permitan un desenvolvemento satisfactorio dos procesos grupais e persoais. Nun grupo non só temos reunións e tomas de decisións senon que hai outros espazos de participación igualmente importantes; a creatividade, a cohesión grupal e o espazo emocional do grupo e de resolución de conflitos. Cada un deles require de habilidades e técnicas diferentes para ser xestionado, asegurar o bo funcionamento do grupo e que a diversidade inherente a calquera grupo sume en vez de estar.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org