• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso Básico de Facilitación de Grupos 2017-2018

Vostede está aquí

Curso Básico de Facilitación de Grupos 2017-2018 CEIDA
6ª edición!
Data
venres, 20 Outubro, 2017 a domingo, 1 Xullo, 2018
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora

Instituto Internacional de Facilitación e Cambio (IIFAC-E)

Obxectivos

A facilitación é unha disciplina innovadora cuxa finalidade é axudar aos grupos a volverse máis efectivos. Mediante un conxunto de habilidades, técnicas e ferramentas, o facilitador/a traballa para crear as condicións que permitan o desenvolvemento satisfactorio dos procesos grupais, tanto na consecución dos seus obxectivos e realización da súa visión, como na creación dun clima onde reine a confianza e a comunicación fluida, empática e honesta.

Este curso axudarache a mellorar os espazos de reunión e toma de decisións, a creatividade e intelixencia colectiva, a comunicación, a xestión de conflitos, as dinámicas de poder e liderado, ou a xestión emocional grupal, entre outros moitos aspectos.

Dirixido a

Educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, emprendedoras/es sociais, xestores, activistas sociais, animadores/as socioculturais, participantes de organizacións interesadas en mellorar o seu funcionamento grupal ou en como facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos e comunidades dunha forma participativa, innovadora e potenciando a diversidade.

Interésache se...

  • parte do teu tempo o pasas en grupos de calquera tipo.
  • traballas en equipo e/ou organizacións sociais.
  • queres mellorar a participación na túa organizacion.
  • queres aprender a xestionar os confitos grupais.
  • queres explorar outros xeitos relacionarte contigo mesm@, co@s demáis e coa túa contorna.
Imparte
  • César Fernández Pérez (Coordinador) IIFAC-E
  • Mireia Parera Puigdomènech. IIFAC-E
  • Conchi Piñeiro. IIFAC-E. Altekio Soc.
  • Anna Pujol Villarroya. IIFAC-E. DDX
  • Verónica Campos. IIFAC-E
Contidos

20-22 outubro 2017. Introdución aos procesos grupais. O rol do facilitador/a.
01-03 decembro 2017. A comunicación como proceso de aprendizaxe grupal.
19-21 xaneiro 2018. Traballar coa diversidade. Liderado e relacións de poder nos grupos.
16-18 febreiro 2018. Sabedoría e intelixencia colectiva.
16-18 marzo 2018. Do individual ao colectivo. A xestión das emocións nos grupos.
27-29 abril 2018. Gobernanza e toma de decisións.
25-27 maio 2018. Resolución de conflitos. Habilidades e Metahabilidades para facilitar en equipos e organizacións.
29 xuño - 1 xullo 2018. Creatividade, traballo en equipo e desenvolvemento de proxectos.

Inscrición

A inscrición pode realizarse por curso completo ou por módulos de maneira independente.

  • 760 € - curso completo (95 €/módulo)
  • 105 € - módulos independentes

* Unha vez acadadas as 20 persoas inscritas hai posibilidade dalgunha bolsa parcial de axuda ao custe do curso. Se estás interesado/a nesta opción, envia un correo-e a  formacion@ceida.org.  Prazo de solicitude de bolsa: ANTES DO 30 DE SETEMBRO.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio