• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso de Deseño e Desenvolvemento Participativo de Proxectos

Vostede está aquí

Curso de Deseño e Desenvolvemento Participativo de Proxectos CEIDA
Data
xoves, 27 Febreiro, 2014 a venres, 28 Febreiro, 2014
Horario
  • Xoves 27: de 16 a 20 h.
  • Venres 28: de 10 a 14 h. e de 16 a 20 h.
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Obxectivos

O curso facilita un coñecemento práctico de estratexias e ferramentas aplicables a este tipo de procesos. O traballo na aula parte da simulación dun deseño metodolóxico, a partir da posta en común das ideas e intereses que propoñan os alumnos e alumnas. Neste marco, experiméntase con recursos e técnicas participativas. Deste xeito, as persoas que participen no curso disporán, ao seu remate, dunha perspectiva metodolóxica aplicada e dunha caixa de ferramentas trasladable ao seu día a día.

Dirixido a

Persoas que participan en asociacións e noutras iniciativas participativas, así como persoal técnico das Administracións Locais ou calquera persoa interesada.

Imparte

Jorge Fente Balsa, sociólogo de formación, cunha extensa traxectoria profesional como planificador e facilitador de procesos participativos. Fundador, e membro de Cidadanía, S. Coop. Gal. ate o 2012, actualmente exerce como profesional free lance. Nesta traxectoria ten traballado, entre outras, coas seguintes entidades: Instituto de Estudos do Territorio (Xunta de Galicia), Consello Galego de Cooperativas, GDR “Terra de As Mariñas”, GDR “EuroEume”, AGADER, SLG, Concello de Ferrol, Concello de Santiago de Compostela, Concello de Ourense, Universidade de Vigo, Escola Universitaria de Relacións Laborais de A Coruña.

Contidos

O curso desenvolverase en tres fases:

  • FASE 1. O deseño do proceso participativo. A secuencia de traballo é:
    1. Presentación dunha proposta de método.
    2. Constitución de grupos de traballo, que elaborarán un deseño metodolóxico para unha idea de proxecto participativo. As ideas serán identificadas previamente a partir das propostas e expectativas das persoas participantes. Ao remate, posta en común de conclusións e aprendizaxes.
  • FASE 2. O coñecemento de técnicas participativas e simulación das condicións nas que se desenvolve unha interacción participativa. A secuencia de traballo é:
    1. Presentación dunha caixa de ferramentas (técnicas participativas): técnicas baseadas na imaxe (construción de visións compartidas), mapa de actores e árbore de problemas (Diagnóstico participativo), brainwraiting e técnica de paneis identificación e priorización de alternativas), técnicas de moderación.
    2. O grupo irá vivenciando a posta en práctica das diferentes técnicas, seguindo esta secuencia; o que permitirá analizar os seus potenciais, alternativas e condicións de posibilidade.
  • FASE 3. A estratexia de difusión e posta en sociedade do proceso. A secuencia de traballo é:
    1. Coñecemento e análise de distintas experiencias.
    2. Constitución de grupos de traballo que, partindo dun caso proposto, elaborarán unha estratexia comunicativa para un proxecto participativo. Ao remate, posta en común de conclusións e aprendizaxes.
Inscrición

Matrícula

  • 60 €
  • Prazas limitadas

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio