Centro Etnográfico do Río Mandeo (Teixeiro, Curtis)
O curso “Introdución ao Estudo de Carnívoros: Metodoloxías de Mostraxe non invasivas” pretende dar a coñecer ás especies de carnívoros presentes en Galiza e o seu papel ecolóxico no medio, así como dotar aos alumnos e alumnas dunhas competencias básicas nas metodoloxías de mostraxe non invasiva, e na identificación dos rastros destes animais, de cara á súa aplicación en estudos científicos ou técnicos, tales como Estudos de Impacto Ambiental, Xestión de Especies, etc.
Profesionais do medio, estudantes e titulados en disciplinas afíns, así cómo público xeral interesado. Non son necesarios coñecementos previos.
Os obxectivos do curso abordaranse dende unha perspectiva eminentemente práctica que inclúe a elaboración de trampas de pelo e pegadas, realización de transectos de indicios, instalación de estacións de fototrampeo, e revisión de estacións de fototrampeo colocadas con anterioridade á realización do mesmo.Estes contidos prácticos apóianse nunha exposición dos contidos teóricos do módulo que acheguen ao alumno aos conceptos relevantes, sendo o alumno quen toma un papel activo mediante o emprego das ferramentas, técnicas e equipos, aprendendo de primeira man o manexo das mesmas.
Xosé Pardavila, Adrián Lamosa (www.biolearn.org)
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org