• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso de Postgrao: A pedra de construción no Patrimonio Galego: técnicas de caracterización e causas do seu deterioro

Vostede está aquí

Curso de Postgrao: A pedra de construción no Patrimonio Galego: técnicas de caracterización e causas do seu deterioro
Data
luns, 13 Xullo, 2015 a mércores, 15 Xullo, 2015
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CSIC, Instituto de Geociencias (IGEO), CEIDA

Colabora

Universidad Complutense de Madrid, Campus Moncloa, Museo Nacional de Ciencias Naturales, Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela

Obxectivos

O obxectivo principal do curso é ofrecer unha visión xeral dos materiais empregados no patrimonio cultural, especialmente o patrimonio construido, así como das principais técnicas analíticas empregadas para a súa caracterización e conservación.

Dirixido a

Dirixido a responsables de intervención na conservación do patrimonio das Administracións Públicas, así como a profesionais do campo da restauración, conservación e rehabilitación.

Descrición

O patrimonio cultural abarca numerosos aspectos e a súa análise pode enfocarse desde moi diversos puntos de vista, sendo un deles o estudo dos materiais cos que se elaboraron os bens culturais. Galicia ten un importante patrimonio cultural realizado en pedra. De todos os materiais tradicionais de construción, o granito é o máis importante, estando tamén representados xistos e lousas entre outros.

Neste curso abordaranse diferentes técnicas de caracterización de materiais pétreos e de diagnose non destrutiva, que permiten establecer as causas do deterioro no patrimonio construido. A parte teórica complementarase con outra práctica onde se poderán interpretar os resultados obtidos con equipos portátiles, tales como de ultrasóns, rugosímetro óptico, esclerómetro, cámara termográfica, permeabilímetro de aire e auga, espectrofotómetro, prospección xeoeléctrica de alta resolución, sensores ambientais, etc.

Inscrición

Matrícula

O custo do curso é de 200 euros. Outorgaranse sete bolsas do 50% respecto ao importe da matrícula a persoas en situación de desemprego, por riguroso orde de preinscrición. Para aplicar esta bolsa, será necesario aportar a tarxeta de demanda de emprego.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio