• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso Escola a Ceo Aberto: Ferramentas didácticas para naturalizar o currículo e fomentar o vínculo coa natureza

Vostede está aquí

Curso Escola a Ceo Aberto: Ferramentas didácticas para naturalizar o currículo e fomentar o vínculo coa natureza
Aberta a inscrición!
Data
venres, 24 Outubro, 2025 a domingo, 26 Outubro, 2025
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia.

Descrición e obxectivos

Cun enfoque eminentemente práctico e vivencial, este curso achegará ferramentas didácticas e metodolóxicas que fomentan a reconexión coa natureza, así como a naturalización do currículo e a vida escolar. Traballaranse dinámicas e actividades para favorecer o vínculo afectivo coa natureza e coa contorna próxima; así como actividades didácticas para desenvolver, ao aire libre, contidos curriculares de calquera materia, que fagan posible unha Escola a Ceo Aberto. Tamén haberá un tempo para profundar nas bases metodolóxicas e conceptuais, que sustentan as propostas pedagóxicas vivenciadas, así como a elaboración dun caso práctico para aplicar ao contexto educativo do alumnado participante.

A finalidade principal é, por tanto, motivar, capacitar e empoderar ao profesorado participante para que favoreza o vínculo afectivo do seu alumnado coa súa contorna (e o seu propio) e desenvolva regularmente a súa actividade docente ao aire libre. De maneira que goce dos beneficios do contacto coa natureza para a saúde, o benestar, o desenvolvemento persoal e os procesos de aprendizaxe; así como para o desenvolvemento de actitudes e comportamentos proambientales e da topofilia cara ao seu territorio próximo.

Entre os contidos do curso destacan:

Dinámicas e xogos  na natureza baseados na   Aprendizaxe Fluída  para xerar conexión afectiva e experiencia vivencial.
Actividades curriculares ao aire libre  adaptadas a distintas áreas de coñecemento.
Beneficios do contacto coa natureza  na saúde, benestar e aprendizaxe. Introdución ao   trastorno por déficit de natureza.
• O xogo, a percepción sensorial, o mindfulness e outras prácticas como   técnicas de educación ambiental.
Recomendacións didácticas  para integrar a natureza no currículo formal e fomentar o sentido de pertenza ao territorio (topofilia).

Imparte

Paqui Godino,   bióloga, especializada en medioambiente e educación ambiental. Na actualidade, é editora e formadora ambiental dun proxecto especializado en educación ambiental para reconectar coa natureza,  La Traviesa Ediciones,  que fundou en 2018.

Dirixido a

Docentes de calquera ámbito e nivel educativo (Infantil, Primaria, Secundaria, Formación Profesional, Universidade e educación de persoas adultas), profesionais da educación ambiental, acompañantes de escolas na natureza, ou público xeral interesado na educación ao aire libre.

Programa
  • Venres 24 de outubro.
    • 15:30–19:30 h. Taller vivencial para fomentar o vínculo coa natureza (Aprendizaxe Fluída).
  • Sábado 25 de outubro.
    • 9:30–13:30 h.Taller de actividades curriculares ao aire libre.
    • 15:30–19:30 h. Fundamentos metodolóxicos + Inicio de traballo en grupos sobre caso práctico.
  • Domingo 26 de outubro.
    • 9:30–13:30 h. Presentación e práctica das actividades deseñadas + avaliación final.
Inscrición
  • Formación gratuíta.
  • Prazas limitadas.
     

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio