• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso Espazos Naturais Protexidos e Rede Natura 2000 dende a óptica municipal

Vostede está aquí

Curso Espazos Naturais Protexidos e Rede Natura dende a óptica municipal
Data
luns, 16 Abril, 2018 a venres, 20 Abril, 2018
LUGAR E DATAS
  • Edición Norte (Lugo)
    • 16-18 abril 2018.
    • Pazo Provincial da Deputación de Lugo. Salón de Actos (Rúa San Marcos, 8 - Lugo).
  • Edición Sur (Ourense)
    • 18-20 abril 2018.
    • Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, - Ourense).
ORGANIZA
  • CEIDA
  • Coa colaboración de: Deputación de Lugo, Deputación de Ourense
CO APOIO DE

            
* Accións gratuítas cofinanciadas polo FSE. Conseguir formación e un emprego de calidade

OBXECTIVOS
  • Analizar e comprender as funcións e obxectivos dos espazos naturais protexidos e a súa relación co benestar humano.
  • Dar a coñecer os espazos naturais protexidos e a Rede Natura 2000 en Galicia e facilitar ferramentas prácticas para a súa xestión dende a óptica municipal.
  • Presentar experiencias de éxito na xestión ou aproveitamento de oportunidades dos espazos naturais protexidos no ámbito local e estatal.
DIRIXIDO A
  • Técnicos e persoal de servizos municipais.
  • Traballadores/as de consultorías e empresas de servizos ambientais, urbanísticos, etc.
  • Traballadores/as en activo en xeral.
  • Outros públicos interesados, en función da dispoñibilidade de prazas.
IMPARTE

Sergio París Gómez. Enxeñeiro Técnico Forestal (Univesidade de Santiago de Compostela) e Máster en Espacios Naturales Protegidos (Universidad Autónoma de Madrid). A súa traxectoria abarca campos como a planificación de espazos naturais protexidos, a educación ambiental, xestión do uso público e interpretación do patrimonio en espazos naturais protexidos; a consultoría ambiental en materia de biodiversidade e apoio á xestión municipal en materia ambiental; o seguimento e monitoreo en espazos naturais protexidos; a avaliación de impacto ambiental de proxectos; e a participación pública.

PROGRAMA

XORNADA 1 

9.00 - 9.30 h.. Presentación.

9.30 -14.00 h. 

  • Función dos Espazos Naturais Protexidos: Qué queremos conservar?
    • Concepto de biodiversidade (específica, funcional, xenética).
    • Hábitats e especies de interese para a conservación.
    • Patrimonio xeolóxico.
    • Patrimonio inmaterial.
    • Servizos dos ecosistemas.
  • Historia dos Espazos Naturais Protexidos.
  • Espazos Naturais Protexidos para o benestar humano.
  • Espazos Naturais Protexidos en Galicia: definición, categorías, obxectivos.
  • Normativa e competencias de xestión.
  • A Rede de Espazos Naturais Protexidos de Galicia.

16.00 - 19.00 h. 

  • As Directivas Hábitats e Aves.
  • Rede Natura 2000: definición, obxectivos e valores de conservación.
  • Competencias de xestión.
  • A Rede Natura 2000 en Galicia.

 

XORNADA 2

9.00 -14.00 h. 

  • Planificación, normativa e limitacións.
  • Competencias municipais en ENP e RN2000.
  • Xestión territorial e urbanística.
  • Uso público e turismo.
  • Desenvolvemento socioeconómico en ENP.
  • Fontes de financiamento.
  • A participación cidadá e a custodia do territorio.

16.00 -19.00 h. O Plan Director da Rede Natura 2000 en Galicia. 

 

XORNADA 3 (LUGO)

9 - 13 h. Presentación de experiencias e exemplos de éxito.

  • Asesoramento en materia de xestión municipal da biodiversidade en áreas urbanas e Natura 2000. Ana Belén Pardo Cereijo (Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga – CEIDA).
  • O programa “Sociedad y Áreas Protegidas” de EUROPARC-España. Javier Puertas
  • Custodia do Territorio e administracións locais. O caso da Deputación de Lugo. Martiño Cabana Otero (Asociación Galega de Custodia do Territorio).
  • O Parque Natural de Somiedo como motor de desenvolvemento local. Belarmino Fernández Fervienza (Alcalde de Somiedo)

 

XORNADA 3 (OURENSE)

9 - 13 h. Presentación de experiencias e exemplos de éxito.

  • O programa “Sociedad y Áreas Protegidas” de EUROPARC-España.
  • Actuacións de incremento e recuperación da biodiversidade na Serra do Suído, río Alén e río Tea (Concello de Covelo). Juan Pablo Castillo Amigo, Alcalde - Presidente; e Santiago Barciela García, Biólogo e Asesor Medioambiental do Concello de Covelo.
  • As Reservas de Biosfera como ferramenta de sostibilidade local. O caso da Reserva de Biosfera Área de Allariz. Bernardo Varela López. Xestor da Reserva de Biosfera Área de Allariz.
  • Asesoramento en materia de xestión municipal da biodiversidade en áreas urbanas e Natura 2000. Sergio París Gómez

 

REQUISITOS

Actividade gratuíta para traballadores/as en activo.

Para inscribirse, deberá presentarse a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude de participación.
  • Copia do DNI ou tarxeta de residencia.
  • Documento acreditativo da condición de traballador/a en activo (cabeceira dunha das tres últimas nóminas ou certificado de empresa selado para traballadores/as por conta allea; ou xustificante do pago da cuota de autónomos dun dos últimos tres meses previos, para traballadores/as por conta propia).
  • Acreditación da pertenza a colectivos prioritarios, se procede: persoas con discapacidade, persoas residentes en áreas protexidas ou concellos rurais.

*En caso de quedar prazas vacantes, aceptaranse aquelas solicitudes dos interesados/as que non reúnan os requisitos desta convocatoria (non traballadores en activo).

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio