• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso Internacional de Educación Ambiental

Vostede está aquí

Curso Internacional de Educación Ambiental
Data
mércores, 12 Xuño, 2019 a xoves, 13 Xuño, 2019
Horario

De 10 a 14 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • CEIDA
  • Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia
Obxectivos
  • Crear un marco de reflexión sobre a historia e os desafíos da Educación Ambiental.
  • Presentar políticas públicas e iniciativas de Educación Ambiental de ámbito internacional.
  • Contribuír á formación e á mellora profesional dos educadores/as ambientais.
Dirixido a

Alumnado de ciencias, educación, turismo...; guías e monitores/as de tempo libre; dinamizadores/as culturais; educadores/as ambientais; persoal técnico municipal e persoal técnico ambiental; persoal docente.; outras persoas interesadas.

Programa

MÉRCORES, 12 DE XUÑO

10.00 h. Inauguración:

  • Dna. Belén do Campo Piñeiro. Directora Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia. 
  • D. Carlos Vales Vázquez. Director do CEIDA.

10.30 h. Perspectivas da Educación Ambiental en Galicia:

  • A Estratexia Galega de Educación Ambiental: ulo 20 anos despois. D. Pablo Meira Cartea. Profesor Titular de Educación Ambiental na USC.
  • Os equipamentos para a EA: retos ilusionantes. Dna. Araceli Serantes Pazos. Profesora da Facultade de Ciencias da Educación na UDC.

12.00 h. Descanso.

12.30 h. A importancia dos Centros de Referencia para a Educación Ambiental:

  • O CENEAM: pasado, presente e futuro da EA en España. D. Álvaro de Torres Suárez. Director do Centro Nacional de Educación Ambiental.
  • O CEIDA como dinamizador de proxectos para unha cultura ambiental dende Galicia. D. Carlos Vales Vázquez. Director do CEIDA.

 

XOVES, 13 DE XUÑO

Perspectivas internacionais da Educación Ambiental.

10.30 h. Políticas públicas de Educación Ambiental:

  • Vulnerabilidade e adaptación fronte ao cambio climático. D. Edgar J. González Gaudiano. Instituto de Investigaciones en Educación, Universidad Veracruzana (México).
  • Principios éticos e educativos para a transición cara unha cultura da sostenibilidade. D. Germán Vargas Callejas. Doutor en Ciencias da Educación, docente e investigador na USC (Bolivia).

12.00 h. Descanso.

12.30 h. A formación de Educadores/as Ambientais en tempos de crise. D. Mauro Guimaraes. Profesor Asociado do Programa de Pos-Graduación en Educación da Universidade Federal Rural do Río de Janeiro.

13.15 h. Reflexións e propostas do V Congreso Internacional de Educación Ambiental dos países e comunidades de lingua portuguesa e Galicia. D. Joaquim Ramos Pinto. Presidente da Direção Nacional da Associação Portuguesa de Educação Ambiental (ASPEA).

Inscrición
  • Inscrición gratuita.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio