• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso-Obradoiro Deseño de Itinerarios Interpretativos Autoguiados

Vostede está aquí

Curso-Obradoiro Deseño de Itinerarios Interpretativos Autoguiados
Data
venres, 20 Abril, 2018 a domingo, 22 Abril, 2018
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Obxectivos

O curso pretende presentar dunha forma teórico-práctica os conceptos e metodoloxías necesarias para o deseño dun itinerario interpretativo autoguiado temático. Durante o seu desenvolvemento, os participantes, traballando en grupo, realizarán unha proposta real de itinerario autoguiado.

Dirixido a

Persoas pertencentes ao ámbito do Turismo e o Patrimonio, guías-intérpretes, do ámbito da Educación Ambiental e educadores en xeral (educación formal e non formal) que desexen aprender a realizar itinerarios interpretativos autoguiados.

Imparte

Francisco J. Guerra Rosado (Nutri), técnico especialista en Interpretación do Patrimonio, traballa desde 1984 no deseño, planificación e implementación de medios e servizos interpretativos,  así como na elaboración de planes de Interpretación, tanto en España como no extranxeiro.

Requisitos

Para a realización do curso, é requisito imprescindible ter realizado algunha formación básica en Interpretación do Patrimonio, debidamente acreditada.

Programa
  • VENRES 20 DE ABRIL

9:00 h. Presentación do curso.
9:30 h. Presentación de alumnos/as.
10.00 h. Breve introducción á Interpretación doPatrimonio.
11:00 h. Pausa café
11:30 h. A comunicación en interpretación.
14.30 h. Pausa comida
16.00 h. Itinerarios interpretativos. Características xerais e modalidades. 
17.00 h. Itinerarios autoguiados. Tipoloxía e medios de apoio.
19.00 h. Fin da actividade.

 

  • SÁBADO 21 DE ABRIL

9.00 h. O proceso de comunicación na excursión autoguiada. Partes estratéxicas dun itinerario autoguiado.
11:00 h. Pausa café
11.30 h. Publicacións e carteis interpretativos. 
12:30 h. Planificación e deseño dun sendeiro temático autoguiado.
14.30 h. Pausa comida
16.00 h. Saída para a valoración dun área de cara ao deseño dun itinerario interpretativo autoguiado.
19:00 h. Fin da actividade.

 

  • DOMINGO 22 DE ABRIL

9:00 h. Deseño dun itinerario temático autoguiado.
11:00 h. Pausa café.
11.30 h. Deseño dun itinerario temático autoguiado (continuación).
14.30 h. Pausa comida.
16.00 h. Deseño dun itinerario temático autoguiado . Posta en común final.
18.00 h. Avaliación do curso.
18.30 h. Fin da actividade.

Inscrición
  • 90 €  (10 % desconto estudantes e parados). 
  • Prazas limitadas

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio