• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso Online Avanzado de Interpretación do Patrimonio: Deseño de Visitas Guiadas Interpretativas

Vostede está aquí

Curso Online Avanzado de Interpretación do Patrimonio: Deseño de Visitas Guiadas Interpretativas
9ª edición!
Data
martes, 15 Outubro, 2024 a domingo, 17 Novembro, 2024
Lugar

Curso online

Organiza

CEIDA

Colabora

Asociación para la Interpretación del Patrimonio (AIP)

Obxectivos

Adquirir os coñecementos, destrezas e actitudes necesarias para que exista unha comunicación temática, organizada, relevante e amena co público que visita os espazos con valor patrimonial no seu tempo de ocio, fomentando neles o desenvolvemento de actitudes de aprecio e custodia polo patrimonio presentado.

Dirixido a

Persoas pertencentes ao ámbito do Turismo e o Patrimonio, guías-intérpretes, do ámbito da Educación Ambiental e educadores en xeral (educación formal e non formal) que realicen ou desexen realizar visitas guiadas efectivas. 

Imparte
  • María Antonia López, Educadora Social especialista en Interpretación do Patrimonio e Accesibilidade.
  • Isabel Fernández, experta en Proxectos de Comunicación Patrimonial Integral.
Contidos
  • Unidade Didáctica 1: Un repaso polos pilares da Interpretación do patrimonio: fundamentos, obxectivos e características. A receita da Interpretación do Patrimonio.
  • Unidade Didáctica 2: O proceso de comunicación en actividades guiadas interpretativas. A excelencia na atención ao público.
  • Unidade Didáctica 3: A mensaxe interpretativa e a comunicación temática.
  • Unidade Didáctica 4: Deseño de visitas guiadas interpretativas.
Requisitos

Para a realización do curso avanzado, é   requisito imprescindible   ter realizado con éxito algunha formación básica en Interpretación do Patrimonio, debidamente acreditada.

Descrición
  • Formación online, 30 horas.
  • 4 unidades didácticas.
  • Contidos teóricos e exercicios prácticos.
  • Materiais en galego e español.
  • Seguemento personalizado por parte das titoras.
  • Diploma acreditativo.
Inscrición
  • Xeral: 130 € (145 € para transferencias internacionais).
  • Reducida: 10 % de desconto (117 €) para persoas asociadas á AIP.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio