• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso Online Básico de Interpretación do Patrimonio - 24ª edición

Vostede está aquí

Curso Online Básico de Interpretación do Patrimonio
PRAZAS ESGOTADAS!
Data
martes, 4 Maio, 2021 a domingo, 6 Xuño, 2021
Organiza

CEIDA

Colabora

Asociación para la Interpretación del Patrimonio (AIP)

Obxectivos

Proporcionar a formación básica a través da adquisición dos coñecementos, destrezas e atitudes necesarias para utilizar a Interpretación do Patrimonio como ferramenta de comunicación coa fin de entregar unha información temática, organizada, relevante e amena ao público que visita os espazos con valor patrimonial no seu tempo de lecer, e que fomente neles atitudes de aprezo e custodia polo patrimonio presentado.

Dirixido a

Todas as persoas que desexen iniciarse no coñecemento e no uso efectivo da disciplina da Interpretación do Patrimonio: xestores de uso público de espazos con interese patrimonial, persoas pertencentes ao ámbito do turismo, guías intérpretes, profesionais da educación ambiental, informadoras/es turísticos, educadores e educadoras en xeral (educación formal e non formal), etc. En definitiva, este curso está dirixido a aquelas persoas que desexen coñecer e empregar de forma eficaz a valiosa ferramenta de comunicación e de xestión que é a Interpretación do Patrimonio.

Imparte
  • Isabel Fernández
  • Toñi López
Contidos
  • Unidade didáctica 1: Coñecendo a disciplina da Interpretación do Patrimonio.
  • Unidade didáctica 2: Os tres piares da Interpretación do Patrimonio.
  • Unidade didáctica 3: O perfil profesional do intérprete. Coñecemento das técnicas e os medios interpretativos.
  • Unidade didáctica 4: Características da mensaxe interpretativa.
  • Unidade didáctica 5: A receita da Interpretación do Patrimonio.
  • Unidade didáctica 6: Avaliación dos medios interpretativos.
Idioma

O idioma dos materiais e recursos didácticos do curso están en galego e español, pero os exercicios e as comunicacións coas docentes, tamén poden realizarse en portugués.

Inscrición

PRAZAS ESGOTADAS

  • 90 € (10 % de desconto para persoas asociadas á Asociación para a Interpretación do Patrimonio - AIP).
  • 100 € (para transferencias internacionais).
  • 20 prazas, por rigurosa orde de inscrición.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio