• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso online Infraestrutura Verde Urbana: claves para a planificación, xestión e avaliación

Vostede está aquí

Curso online Infraestrutura Verde Urbana: claves para a planificación, xestión e avaliación
3ª edición!
Data
luns, 24 Maio, 2021 a venres, 9 Xullo, 2021
Horario

Formación online. 40 horas (7 semanas)

Organiza
  • CEIDA
  • Transitando
Obxectivos

A infraestrutura verde é unha rede estratexicamente planificada de zonas naturais e semi-naturais deseñada e xestionada para proporcionar un amplo abanico de servizos ecosistémicos e protexer a biodiversidade. Nas contornas urbanas, é clave, ademáis, para transitar cara a cidades máis habitables, sostibles e resilientes. Por iso, cada vez máis administracións locais están a deseñar e aprobar estratexias de infraestrutura verde, co fin de “renaturalizar” a cidade e achegar solucións a algúns dos grandes problemas socio-ambientais da nosa época, como o cambio climático, a contaminación atmosférica ou o acceso equitativo a zonas verdes para o seu uso e goce.

Neste curso abordaremos cuestións clave vinculadas ao deseño, implementación e mantemento da infraestrutura verde nas contornas urbanas, o papel que xogan na planificación ante os novos retos das cidades, a relevancia da educación e a participación cidadá nestes procesos e os instrumentos necesarios para a súa correcta avaliación e seguimento.

Entre os seus obxectivos, destacan:

  • Analizar e comprender o funcionamento da cidade e como a infraestrutura verde contribúe á habitabilidade, sustentabilidade e resiliencia urbanas.
  • Fomentar a capacidade creativa e a reflexión colectiva.
  • Compartir coñecementos e difundir o uso de ferramentas e experiencias que sirvan de guía para o deseño e xestión da infraestrutura verde urbana.
  • Dar a coñecer recursos e metodoloxías para a educación e a participación socio-ambiental, ligadas á promoción, posta en valor e conservación da infraestrutura verde.
Dirixido a

Persoal técnico de administracións locais; profesionais de consultorías e empresas de servizos ambientais; profesionais e estudantes de arquitectura, ciencias ambientais, xeografía, enxeñerías…; persoas vinculadas á educación ambiental, membros de organizacións e movementos sociais involucrados na transformación urbana; público xeral interesado.

Metodoloxía

Os contidos do curso traballaranse de forma conxunta a través de:

  • A lectura dos textos base: documento realizado ex profeso para este curso, resumindo documentos de referencia e experiencias prácticas, explicando de forma sinxela e dinámica os conceptos, ideas e ferramentas necesarios para o deseño da infraestrutura verde urbana. Realizarase un texto base por cada tema.
  • O desenvolvemento de exercicios: para ampliar os coñecementos adquiridos e concretalos sobre unha realidade, exponse o desenvolvemento de exercicios prácticos que se realizan de forma individual ou grupal tras a lectura dos textos base.
  • A participación en debates e foros virtuais: cada tema contará cun foro que servirá para volcar os exercicios de todos os alumnos e alumnas e debater sobre os temas tratados, co obxectivo de crear un coñecemento colectivo a partir das experiencias, vivencias e coñecementos de todas as persoas participantes.
  • Sesións de seguemiento: haberá unha sesión intermedia e outra final de seguemiento do exercicio práctico na que se mostrarán exemplos de casos reais que podan servir de orientación para o desenvolvemento do exercicio, resolveranse dúbidas e debatirase sobre os temas tratados no curso. As sesións serán gravadas para que podan ser visualizadas por aquelas persoas que non poidan asistir.
Imparte
  • Marta Hernández Arroyo, Investigadora e educadora en sostibilidade especialista en ecoloxía urbana.
  • Marta Suárez Casado, Investigadora e educadora en sostibilidade especialista en ecoloxía urbana.
Contidos
  • Módulo 1: Introdución á infraestrutura verde urbana:
    • Por que este curso? Grandes problemas socio-ambientais das contornas urbanas.
    • Infraestrutura verde e conceptos relacionados.
    • Marco normativo europeo, estatal, rexional e municipal.
  • Módulo 2: Deseño, implementación e mantemento da infraestrutura verde urbana:
    • Criterios para o deseño da infraestrutura verde urbana. 
    • Elementos da infraestrutura verde urbana.
    • A infraestrutura verde urbana desde unha perspectiva de xustiza ambiental.
  • Módulo 3: Educación e participación para a transformación urbana:
    • O valor social e educativo da biodiversidade urbana.
    • Como deseñar e poñer en marcha proxectos educativos en relación á infraestrutura verde urbana. 
    • Como deseñar e poñer en marcha procesos participativos ligados á infraestrutura verde urbana.
  • Módulo 4: Seguimento e avaliación da infraestrutura verde urbana: 
    • Deseño dun plan de seguimento e avaliación da infraestrutura verde urbana.
    • Marcos conceptuais e metodolóxicos para a avaliación da infraestrutura verde.
    • Ferramentas e metodoloxías de avaliación e seguimento da infraestrutura verde.
Inscrición
  • 40 prazas, por riguroso orde de inscrición.
  • Matrícula xeral: 130 € (145 € para transferencias internacionais).
  • Matrícula reducida: 10% desconto (118 €) para estudantes e persoas desempregadas.

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio