O curso está plantexado para coñecer a interpretación do patrimonio como metodoloxía para comunicar os valores e importancia do patrimonio. A finalidade é expoñer e analizar os conceptos esenciais que fan desta disciplina unha metodoloxía idónea para conectar co público, poñendo énfase na idea central que denominamos “tema interpretativo”, que adoita presentar certas dificultades para a súa formulación e aplicación. Outros conceptos como “provocación do pensamento”, “relevancia” e “amenidade”, tamén contribúen a mellorar a efectividade das accións de mediación e posta en valor do patrimonio visitable. Usaremos como análise de caso a Cultura oceánica, os seus principios e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), en concreto o ODS 14.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org