O curso realizarase a través da plataforma Zoom con emisións en directo, de 18.30 a 20 horas (España peninsular).
CEIDA
Cada vez son máis os viaxeiros e viaxeiras que durante as súas vacacións na natureza preocúpanse por deixar o lugar que visitan mesmo mellor que á súa chegada. Tanto as persoas consumidoras como as profesionais da industria de viaxes están a preguntarse se é posible viaxar de forma que cause menos dano ao medio ambiente, ou mesmo ver de que maneira as viaxes vacacionais poden melloralo.
Este concepto de turismo rexenerativo faise eco das prácticas da agricultura rexenerativa, destinadas a reverter o cambio climático, e non simplemente a retardalo. Cando se realiza de maneira responsable, a viaxe non só “non dana”, senón que rexenera e revitaliza activamente a contorna, producindo resultados positivos para as comunidades e as economías. Estes desafíos representan unha oportunidade para empresas e persoas emprendedoras dispostas a desenvolver oferta turística atractiva e de calidade no noso país.
Nese marco, o deseño de experiencias é un elemento clave para xerar produtos turísticos innovadores, transformadores e que marquen a diferenza en mercados nacionais e internacionais.
Esta formación pretende entregar os coñecementos, metodoloxías, ferramentas e orientacións prácticas para deseñar experiencias turísticas de maior calidade, atractivo e diversidade, contribuíndo así a mellorar a oferta turística do noso país desde unha prespectiva máis responsable, amable e limpa coa natureza.
Alejandra Touza David. Diplomada en Turismo e consultora especialista en Turismo Industrial, Mariñeiro, Marketing e Dinamización Territorial, Sustentabilidade, Emprendemento, Desenvolvemento Local e Creación de Produto.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org