Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Instituto de Facilitación y Cambio (IIFAC-E)
Ás veces nos grupos vivimos momentos de creatividade, onde todo flúe, as pezas encaixan perfectamente, onde cada persoa é capaz de aportar todo o seu potencial e o resultado vai moito máis aló do que cabería esperar da "suma" de cada unha das persoas do grupo. Neste curso veremos ferramentas para facer destes momentos algo máis habitual, para extraer o máximo de potencial e creatividade dos grupos cos que traballamos.
A educación ambiental, ferramenta necesaria para alcanzar unha sociedade sustentable, ten na participación social e na organización comunitaria firmes alicerces para as transformacións sociais que se perseguen. Este curso específico sobre Sabedoría e Intelixencia Colectiva é un dos módulos incluídos dentro dun programa formativo máis amplio sobre xestión e facilitación de grupos.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org