• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Diálogos Internacionais Humboldt 2026: os retos ambientais á luz das súas contribucións

Vostede está aquí

Diálogos Internacionais Humboldt 2026: os retos ambientais á luz das súas contribucións
Prazas limitadas
Data
martes, 26 Maio, 2026
Horario

10-14 h.

Lugar

Salón de actos da Autoridade Portuaria da Coruña (Avenida da Marina, 3, A Coruña)

Organiza
  • CEIDA
  • Autoridade Portuaria da Coruña
Obxectivos
  • Dar a coñecer a figura de Humboldt como un dos naturalistas máis importantes dos séculos XVIII – XIX.
  • Definir a súa figura como clave para a cidade da Coruña e para comprender a crise ambiental contemporánea.
  • Reforzar a importancia das ciencias naturais como elemento clave do século XXI.
  • Favorecer o intercambio e a colaboración entre persoas, entidades e institucións.
  • Reflexionar sobre os límites ambientais do planeta e o papel estratéxico da Amazonia no seu equilibrio.
  • Destacar o papel das Reservas de Biosfera como modelos de desenvolvemento sostible.
  • Poñer en valor prácticas de uso responsable dos recursos naturais e o papel das comunidades locais na conservación do patrimonio natural e cultural.
Dirixido a

Todos os públicos.

Programa
  • 10.00 h.- Inauguración da xornada:
    • D. Martín Fernández Prado. Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña.
    • D. Carlos Vales Vázquez. Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CElDA).
    • D. Xosé A. Fraga Vázquez. Historiador e Divulgador da Ciencia.

 

  • 10.30 -11.30 h - BLOQUE I : HUMBOLDT E OS LíMITES DO PLANETA
    • Os méritos de Alexander Von Humboldt para a climatoloxía mundial e para a forestación. D. Frank Holl. Historiador e xermanista (Munich). Director desde 2008 dos "Días de Ciencias de Munich", programa para a divulgación das ciencias.
    • Situación actual dos límites planetarios. D. Sebastian Villasante. Profesor e Investigador de Economía na Universidade de Santiago de Compostela e Natural Capital Fellow na Universidade de Stanford (USA).

 

  • 11.30 - 12.00 h.- Pausa Café

 

  • 12.00 -14.00 h - BLOQUE II: O FUTURO DO PLANETA: A AMAZONIA
    • As Reservas de Biosfera, unha ferramenta para a xestión do patrimonio natural e o progreso humano. D. Carlos Vales Vázquez. Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.
    • Gobernanza ambiental: leccións da Amazonia para as Reservas de Biosfera. Dna. Carla Siqueira Barbosa. Instituto de Desenvolvimento Florestal e Biodiversidade do Estado do Pará, Brasil.
    • Innovación Social e Territorial: O Centro de Saberes da Floresta como Estratexia de Sustentabilidade na Amazonia. Dna. Eliane Soares. Directora Executiva da Institución Casa do Río, Brasil.
    • Un pobo entre as augas, a floresta e os desafíos da conservación. Experiencias do Mosaico do Baixo Río Madeira. D. Márcio Alessandro Góes de Souza. Secretario de Medio Ambiente do Municipio de Borba, Brasil.
    • Desafíos e resiliencia das áreas protexidas na Amazonia. Dna. Ordilena Ferreira de Miranda. Coordinadora do Mestrado Profesional en Xestión de Áreas Protexidas na Amazonia. Instituto Nacional de Pesquisas da Amazonia, Brasil.
Inscrición
  • Inscrición gratuita.
  • Imprescindible inscrición previa a través do seguinte formulario:

          

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio