Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
IFACEe
Educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, emprendedoras/es sociais, xestores, activistas sociais, animadores/as socioculturais, participantes de organizacións interesadas en mellorar o seu funcionamento grupal ou en como facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos e comunidades dunha forma participativa, innovadora e potenciando a diversidade.
Interésache se
Conchi Piñeiro. IIFAC-E
Neste módulo exploraremos porque é importante traballar a nivel das emocións dentro dos grupos e organizacións. Como estas interaccionan e inflúen no funcionamento e consecución dos obxectivos dos grupos. Cales son as técnicas, ferramentas e habilidades que como facilitadores/as temos que ter en conta e dominar para poder traballar este aspecto dentro dun grupo. Igualmente practicaranse ferramentas de como prepararse tanto a nivel persoal para xestionar momentos difíciles, tensións, ou para ser conscientes dos aspectos que suceden dentro dun grupo ou colectivo de xeito non tan visible, pero que inflúen e dannos información do proceso que está a suceder.
Matrícula
90 €
Prazas limitadas
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org