• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Emprego Verde nas Reservas de Biosfera: Recursos do Territorio e Ferramentas para a súa Posta en Valor - Curso online + presencial

Vostede está aquí

Emprego Verde nas Reservas de Biosfera: Recursos do Territorio e Ferramentas para a súa Posta en Valor - Curso online + presencial
PRAZAS ESGOTADAS!
Data
luns, 2 Setembro, 2019 a venres, 29 Novembro, 2019
Lugar

A semana de formación presencial terá lugar no Castelo de Santa Cruz (Oleiros). 

Organiza

CEIDA

CO APOIO DE

                         

Accións gratuitas cofinanciadas polo FSE. Conseguir formación e un emprego de calidade.

OBXECTIVOS
  • Facilitar o coñecemento sobre os recursos naturais e patrimoniais presentes nas distintas Reservas de Biosfera galegas.
  • Capacitar na adquisición de ferramentas de posta en valor dos recursos naturais e patrimoniais  en distintos ámbitos (educativo, social e ecomónimo) baixo criterios de sostibilidade. 
  • Formar nas técnicas básicas de educación ambiental e interpretación do patrimonio.
  • Dar a coñecer o potencial das Reservas de Biosfera para a produción agroalimentaria sostible e de proximidade, e a creación de emprego verde.
DIRIXIDO A

Desempregados/as inscritos/as no servizo de demandantes de emprego de Galicia.

CONTIDOS
  • MÓDULO 1 (formación online): Interpretación do Patrimonio Natural e Cultural. 
    • Obxectivos e principios da IP.
    • Os piares da Interpretación.
    • O perfil profesional do intérprete.
    • Características da mensaxe interpretativa.
    • A receta da IP.
    • Avaliación dos medios interpretativos.
  • MÓDULO 2 (formación online + presencial): Educación, Documentación e Información Ambiental. 
    • Introducción á Educación Ambiental.
    • Información, Documentación e Comunicación Ambiental.
    • Inclusión da perspectiva de xénero e diversidades funcionais na EA. 
    • Xestión de Grupos.
    • Deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de EA. 
  • MÓDULO 3 (formación presencial): Coñecendo os Recursos do Territorio. 
    • Reservas de Biosfera de Galicia.
    • Patrimonio Natural e Cultural. 
DOCUMENTACIÓN A APORTAR

Unha vez enviado o formulario de inscrición, solicitarase a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude de participación.
  • Copia do DNI ou tarxeta de residencia.
  • Tarxeta de desemprego en vigor.
  • Acreditación.
INSCRICIÓN
  • Actividade gratuita.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio