• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Emprego Verde nas Reservas de Biosfera: Recursos do Territorio e Ferramentas para a súa Posta en Valor

Vostede está aquí

Emprego Verde nas Reservas de Biosfera: Recursos do Territorio e Ferramentas para a súa Posta en Valor
Data
luns, 4 Febreiro, 2019 a luns, 8 Xullo, 2019
Organiza

CEIDA

Co apoio de

                               

Obxectivos
  • Facilitar o coñecemento sobre os recursos naturais e patrimoniais presentes nas distintas Reservas de Biosfera galegas.
  • Capacitar na adquisición de ferramentas de posta en valor dos recursos naturais e patrimoniais en distintos ámbitos (educativo, social e ecomónimo) baixo criterios de sostibilidade.
  • Formar nas técnicas básicas de educación ambiental e interpretación do patrimonio.
  • Dar a coñecer o potencial das Reservas de Biosfera para a produción agroalimentaria sostible e de proximidade, e a creación de emprego verde.
Dirixido a

Desempregados/as inscritos/as no servizo de demandantes de emprego de Galicia.

Contidos (160 horas)
  • MÓDULO 1: Interpretación do Patrimonio Natural e Cultural.
    • Obxectivos e principios da Interpretación do Patrimonio.
    • Interpretación secuencial e non secuencial.
    • Os piares da Interpretación.
    • Modelo TORA.
  • MÓDULO 2: Educación, Documentación e Información Ambiental.
    • Introducción á Educación Ambiental, historia e situación en Galicia.
    • Información, Documentación e Comunicación Ambiental.
    • Inclusión da perspectiva de xénero e diversidades funcionais na Educación Ambiental.
    • Xestión de Grupos.
    • Deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de Educación Ambiental.
  • MÓDULO 3: Coñecendo os Recursos do Territorio.
    • Protección do patrimonio natural: historia e conceptos básicos.
    • Reservas de Biosfera.
    • Patrimonio Natural e Cultural das Reservas de Biosfera de Galicia.
    • Produción agroalimentaria sostible e de proximidade.

O curso inclúe visitas de estudo nos diferentes módulos.

Lugar e datas
  • A Coruña (Castelo de Santa Cruz, Oleiros):  4 febreiro - 1 marzo de 2019 (inscrición aberta). Horario: luns a venres, de 9 a 14 h. e de 16 a 19 h.
  • Lugo:  18 marzo - 12 abril  de 2019 (aberta a inscrición)
  • Ourense:  6 - 31 maio  de 2019 (próxima inscrición)
DOCUMENTACIÓN A APORTAR

Unha vez enviado o formulario de inscrición, solicitaráselle a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude de participación.
  • Copia do DNI ou tarxeta de residencia.
  • Tarxeta de desemprego en vigor.
  • Acreditación da pertenza a colectivos prioritarios, se procede: persoas con discapacidade, persoas residentes en áreas protexidas ou concellos rurais.
INSCRICIÓN
  • Actividade gratuíta.
  • Prazas limitadas.

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio