Castelo de Santa Cruz, Oleiros
CEIDA
Consorcio das Mariñas; patrocina, Deputación da Coruña
O I FORO DE SUSTENTABILIDADE DAS ADMINISTRACIÓNS LOCAIS pretende crear un punto de encontro para todas as administracións locais, onde se favoreza a posta en valor destas experiencias e iniciativas locais, creando un escaparate de boas prácticas baseadas nunha xestión ambiental sostible. Igualmente o foro quere contribuír á dinamización e creación de sinerxias de colaboración entre as diferentes entidades asistentes para o intercambio de información, recursos, e apoio mutuo para o desenvolvemento de proxectos futuros.
Responsables políticos e técnicos das áreas de medio ambiente, cultura, educación, turismo, e promoción económica das administracións locais. Fundacións e outras entidades que traballen no desenvolvemento local. Outras persoas e profesionais interesados.
Entrada de balde.
Nas nosas localidades existen numerosas experiencias de sustentabilidade desenvoltas tanto polos concellos como por entidades sen ánimo de lucro, organizacións supramuniciais, etc., experiencias que permanecen case invisibles alén do seu ámbito territorial máis inmediato. Estas actuacións, en moitos dos casos, téñense desenvolto ao abeiro de axudas europeas, de plans comarcais de dinamización turística e son claves tanto para a sustentabilidade local como para a conservación e posta en valor do patrimonio natural e cultural.
Entrada de balde.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org