• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

I Seminario LEGISWASTE: A Xestión Xurídica dos Residuos no ámbito local: regulación, gobernanza e indicadores xurídicos

Vostede está aquí

I Seminario LEGISWASTE: A Xestión Xurídica dos Residuos no ámbito local: regulación, gobernanza e indicadores xurídicos
Prazas limitadas
Data
venres, 17 Abril, 2026
Horario

10-14 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

Proyecto Legiswaste – Universidade da Coruña (UDC)

Colabora
  • Coregal
  • CEIDA
  • ECOBAS - Centro de Investigación Interuniversitario en Economía e Empresa para a Sociedade
Obxectivos

A xornada científica organizada no marco do proxecto LEGISWASTE está orientada a fomentar o intercambio académico e a discusión científica en torno aos retos xurídicos e de gobernanza na xestión de residuos dentro do contexto da transición cara á economía circular.

A actividade enmárcase nas accións de difusión e transferencia de coñecemento previstas no plan de traballo do proxecto, que contemplan a organización de seminarios e workshops con persoas expertas externas co fin de contrastar enfoques metodolóxicos, debater sobre os desenvolvementos normativos recentes e fortalecer o diálogo entre a investigación xurídica e a práctica administrativa en materia de residuos.

Así mesmo, a actividade contribúe a reforzar os obxectivos do proxecto vinculados á análise da eficacia das regulacións locais en materia de residuos e ao estudo dos instrumentos xurídicos que inciden na súa implementación, favorecendo o intercambio de coñecemento con especialistas da área e promovendo a difusión das liñas de investigación desenvolvidas no proxecto.

Entre os obxectivos específicos cabe destacar:

  • Analizar os retos actuais da regulación ambiental e da xestión de residuos.
  • Debater sobre os desafíos asociados á implementación das políticas de residuos.
  • Revisar o papel das administracións públicas na aplicación das políticas de economía circular.
  • Divulgar os obxectivos do proxecto LEGISWASTE.
Dirixido a
  • Persoal técnico de distintas administracións locais vinculados á planificación e xestión municipal.
  • Responsables de medio ambiente e da xestión dos residuos das entidades locais.
  • Actores implicados na xestión dos residuos sólidos urbanos.
  • Outros actores económicos e sociais interesados.
  • Público xeral interesado.
Programa

10.00 h. INAUGURACIÓN E PRESENTACIÓN DA XORNADA

10.15 h. 1ª MESA REDONDA:

  • Novas fronteiras da regulación de residuos:
    • D. José Francisco Alenza García. Catedrático de Dereito Administrativo da Universidad Pública de Navarra (UPNA).
    • D. José Pernas García. Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña (UDC).
    • Dna. Itziar Sobrino García. Investigadora Postdoutoral Xunta de Galicia na Universidade da Coruña (UDC).
    • Dna. Patricia Vilán Lorenzo. Secretaria Xeral FEGAMP.

11.45 h. Pausa – Café

12.30 h. 2ª MESA REDONDA:

  • A implementación local da xestión de residuos: perspectivas técnicas e operativas:
    • D. Benito Blanco Pequeño. Xerente de Proxectos do Grupo APPLUS.
    • D. Marcos Vázquez Trillo. Técnico Superior de Medio Ambiente do Concello da Coruña.
    • D. Victor Parada Vázquez. Técnico Superior de Medio Ambiente do Concello da Coruña.
    • D. Javier Bobe Vázquez. Director da Área de Medio Ambiente da Deputación de Ourense.
    • D. Miguel Sandar Picado. Xerente do Consorcio As Mariñas.

14.00 h. Fin da xornada.

Inscrición
  • Inscrición gratuita.
  • Imprescindible inscrición previa a través do formulario.

          

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio