Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA, Instituto Jane Goodall
O curso está destinado a todo Homo sapiens curioso que desexe redescubrirse como primate e coñecer en maior profundidade as similitudes e diferencias que temos co resto da nosa familia evolutiva. Os participantes recibirán un Certificado de Asistencia do Instituto Jane Goodall.
O Instituto Jane Goodall é unha organización sen fins de lucro fundada pola célebre primatóloga inglesa Jane Goodall, que traballa en programas de educación, sanidade e desenvolvemento sostible coas comunidades humanas a nivel global. O presente curso, aberto
a estudantes e público xeral, ofrece un completo programa de introdución a fascinantes temas da bioloxía comparada e taxonomía, condutas e capacidades cognitivas asombrosas, así como interesantes cuestións relacionadas coa ecoloxía e a conservación dos primates.
Os asistentes poderán contar cos testimonios de primeira man de primatólogos do Instituto Jane Goodall con experiencia en África, e aprender sobre os proxectos e desafíos no terreo.
* Os beneficios deste curso serán destinados aos proxectos de conservación do IJG en África.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org