• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Iniciación á Pintura con Acuarela das Aves singulares da Costa de Dexo: edición primavera

Vostede está aquí

Iniciación á Pintura con Acuarela das Aves singulares da Costa de Dexo: edición primavera
PRAZAS ESTOGADAS!
Data
sábado, 11 Maio, 2024
Horario

10 a 14 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Deputación da Coruña, dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica'

Obxectivos

Segundo obradoiro do ciclo de talleres adicados ás aves mariñas da Costa de Dexo, na costa norte do Concello de Oleiros, que pretende que as persoas participantes adquiran unhas nocións básicas de debuxo e pintura que lles permitan tomar apuntes do que observan na natureza nas súas saídas ao campo, e podan así facerse cun caderno de campo da súa propia autoría. 

Esta edición de primavera estará adicado ao falcón peregrino, considerada a ave máis rápida do planeta e de presenza habitual nas paisaxes acantiladas da Costa de Dexo.

Non é impresdindible ter coñecementos de pintura.

Dirixido a

Naturalistas, ornitólogo/as, biólogo/as, profesionais da educación ambiental, monitores/as de actividades de tempo libre, persoas vinculadas a ONGs ambientalistas, estudantes de arte e universitarios, e público en xeral interesado.

Imparte

José Arcas

Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como investigador na Universidade de Vigo e na Universidade de Murcia, publicando artigos científicos e de divulgación sobre diferentes aspectos relacionados coa ecoloxía e a conservación de aves. Participou en varios proxectos LIFE con fondos europeos, no estudo das aves esteparias de La Serena, en Extremadura; e no Plan de Ordenación da ZEPA Mar Menor, entre outros.

Como artista, leva pintando toda a vida, e profesionalmente desde hai 15 anos. Participou en varias exposicións, tanto individuais como colectivas en Galicia, Madrid, Reino Unido e, máis recentemente, no Parque Nacional de Abruzo, Lazio y Molise en Italia, nun precioso proxecto chamado Pittori in Faggeta - Pintores no faial - xunto a algúns dos mellores pinceis italianos como Elisabetta Mitrovic, Federico Gemma, Marco Preziosi, acompañados polo incomparable Nick Derry.

Ten publicado varios libros centrados na pintura de natureza, como  Cuaderno de campo de las Islas Cíes (Catro Ventos Editora),  Alexandrinus (autoeditado e distribuído pola editorial Círculo Rojo)ou  Viches iso? Un singular percorrido pola vida das aves invisibles   (Editorial Galaxia).

Material necesario

O material necesario para as prácticas que se desenvolverán no taller:

  • Papel de acuarela (de 200 - 300 gramos) ou calquer outro soporte (bloc, follas soltas, caderno...).
  • Xogo de acuarelas (evitar na medida do posible as acuarelas escolares, as que veñen en pociños redondos).
  • Lápis 2H.
  • Goma.
  • Un par de pinceis, un fino do número 2 ou 4 e outro groso, do 8 ou 10. Preferiblemente de pelo sintético.
Inscrición

AS PRAZAS ESTÁN ESGOTADAS

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio