• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Interpretación para a Conservación do Patrimonio e os Desafíos Ambientais: Metodoloxía e Técnicas de Comunicación

Vostede está aquí

Interpretación para a Conservación do Patrimonio e os Desafíos Ambientais
Data
venres, 14 Febreiro, 2020 a domingo, 16 Febreiro, 2020
Horario
  • Vernes, 14 de febreiro: 16-19 h.
  • Sábado, 15 de febreiro: 10-14 h. | 16-19 h.
  • Domingo, 16 de febreiro: 10-14 h.
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Obxectivos

Coñecer a metodoloxía da interpretación do patrimonio como estratexia de comunicación do patrimonio (natural e cultural) e como ferramenta para xerar actitudes.

Dirixido a

Profesionais con funcións en interpretación-presentación do patrimonio ao público visitante, vinculados a sitios históricos, monumentos, xacementos, espazos naturais protexidos, museos (persoal de educación e difusión), xestores ambientais e culturais, guías de ecoturismo, responsables de programas de  uso público, empresas de servizos turísticos, etc.

Imparte

Jorge Morales Miranda, especialista en interpretación do patrimonio.

Contidos
  • Os desafíos ambientais en contexto.
  • A interpretación do patrimonio (IP) para xerar actitudes.
  • Os tres piares da IP: os recursos, os destinatarios, as técnicas.
  • Características do público non cautivo.
  • O recurso con potencial interpretativo:
    • Atributos tanxibles para deseñar a mensaxe.
    • Conceptos intanxibles para “conectar” cos destinatarios.
  • A metodoloxía para ‘provocar o pensamento’:
    • Comunicación Temática, Ordenada, Relevante e Amena.
    • Características das “mensaxes interpretativas”.
    • Exercicios prácticos en “interpretación temática”: creación de mensaxes interpretativas.
  • O proceso da Interpretación para deseñar produtos interpretativos:
    • Aplicación do proceso a un caso práctico.
  • Interpretación secuencial:
    • Percorridos interpretativos guiados. Actividade práctica.
  • Interpretación non secuencial.
    • Exhibicións e exposicións interpretativas. Revisión de casos.
Inscrición
  • Xeral: 75 €.
  • Estudantes e persoas desempregadas: 65 €.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio