• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

NatureWatch: VI Encontro Nacional de Turismo de Observación da Natureza

Vostede está aquí

NatureWatch: VI Encontro Nacional de Turismo de Observación da Natureza
Inscrición aberta!
Data
xoves, 24 Marzo, 2022 a sábado, 26 Marzo, 2022
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • NatureWatch
  • CEIDA
Patrocina

Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia

Obxectivos

natureWatch é unha invitación ao impulso ordenado dunha das modalidades turísticas con maior potencial de crecemento no noso país: o Ecoturismo (con letras maiúsculas) centrado na observación da xea, a flora e a fauna. ​ ​Este encontro xira ao redor dos piares fundamentais do ecoturismo: os recursos naturais e as empresas que fan posibles as experiencias de observación da natureza que demandan, consumen e gozan miles de persoas cada ano.

Tras a celebración das cinco primeiras edicións nacionais, natureWatch viaxa a Galicia para apoiar o uso do turismo de observación da natureza como ferramenta para o desenvolvemento socio-económico sostible supeditado á conservación. ​ Durante tres días, coñeceremos de primeira man as claves dalgúns produtos ecoturísticos exemplares e teremos ocasión de saír ao campo acompañados de expertos para gozar do avistamento de aves litorais e mariñas nun dos sectores máis belos da costa galega, a denominada Costa Ártabra.

Tamén debateremos acerca das mellores formas de ordenar e facer compatible esta actividade coa conservación da natureza e outras actividades tradicionais, atendendo á problemática do sector en busca de solucións. Boas prácticas, sustentabilidade e turismo responsable serán termos de uso común ao longo do Encontro. ​ 

Dirixido a

Un amplo elenco de profesionais e perfís teñen cabida en natureWatch, desde o sector profesional turístico e ambiental, ata o viaxeiro interesado na natureza e o ecoturismo.​

NatureWatch vai dirixido a empresas e profesionais turísticos (empresas de turismo de observación, axencias de viaxes especializadas ou que queren ampliar o seu produto con destinos de natureza, aloxamentos de zonas naturais, empresas de servizos, guías de turismo, emprendedores, investidores), persoal técnico da administración de perfil turístico e ambiental (de espazos naturais, de grupos de desenvolvemento local, responsables políticos, de destinos turísticos), organizacións ambientais, consultorías, estudantes de turismo ou de carreiras ambientais, e viaxeiros e viaxeiras con interese pola natureza.

Contidos

O programa completo pode consultarse na web de natureWatch:

https://www.encuentronaturewatch.com/programa

Inscrición

Cuota de inscrición: 25 €

Prazas limitadas por riguroso orde de inscrición.

Para reservar a túa praza, é preciso cumprimentar o seguinte   formulario

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio