CEIDA
Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia
Escritores/as, lectores/as, naturalistas, ornitólogos/as, biólogos/as, educadores/as ambientais, monitores/as de actividades de tempo libre, persoas vinculadas a ONG's ambientalistas, estudantes de literatura, universitarios/as e público xeral interesado.
Escritor, comunicador ambiental e ornitólogo, colabora de forma habitual con diferentes medios de comunicación, sobre todo co diario La Voz de Galicia, onde publica os seus artigos desde 1994 e pertence ao equipo do proxecto 'Prensa Escuela'. Escribe tamén en Revista LUZES, Revista Salvaje ou El Ágora Diario del Agua, entre outros. Participou en diferentes obras colectivas sobre aves e natureza, así como no deseño e posta en marcha de infinidade de proxectos de educación e interpretación ambiental e de turismo ornitolóxico e de natureza.
Entre a súa obra literaria destaca ¿Para qué sirven las aves? (Tundra Ediciones, 2012), primeira obra de literatura ornitolóxica publicada en España; Las aves marinas de Estaca de Bares. Un diario personal (Tundra, 2015); BirdFlyway. Un viaje en familia por "La Ruta de las Aves" (Lynx, 2016); o álbum ilustrado El árbol de la escuela (Kalandraka, 2016); La Torre (Kalandraka, 2018); DE PAJAREO, Rutas Ornitológicas por España (Geoplaneta, 2022); e como coautor Cuándo ver Aves en Galicia (Tundra, 2014).
Desde 2018 dirixe a colección 'Vitamina N - Lecturas ao natural' da editorial Kalandraka, e é membro do Observatorio Galego de Educación Ambental; e desde 2017, membro colaborador do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Foi vicepresidente da Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), presidente do Grupo Naturalista Hábitat de A Coruña, e Coordinador do Grupo Ibérico de Aves Marinas (GIAM) da Sociedad Española de Ornitología - SEO/BirdLife. Tamén escribiu numerosos artigos sobre ornitoloxía para publicacións científicas e xeneralistas, e participou na edición de revistas e boletínhs ornitolóxicos.
VENRES TARDE. Pazo de Lóngora. 17 – 20 h.
SÁBADO MAÑÁ. Costa de Dexo. 9:00 - 14:00 h.
Caderno de notas, e material para escribir.
Na xornada de campo do sábado, ademáis: roupa e calzado axeitados, protección solar, comida e bebida para a media mañá, e unha manta ou similar para sentar con comodidade no campo, se fóra necesario.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org