Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia
Neste obradoiro o alumnado aprenderá o que é a ilustración científica, como é o traballo nesta área, e realizaranse varias actividades que servirán de iniciación ás técnicas do punteado e do lapis de cor. Ao final de cada unha das dúas sesións as persoas participantes contarán con dúas artes finais (unha por técnica) realizadas grazas a todos os coñecementos aprendidos. Ao remate do obradoiro, o alumnado:
Sarela Lorenzo. Graduada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, con formación en Ilustración Científica pola Universidade de Aveiro. Experiencia realizando talleres (coma no Compostela Ilustrada, ou no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela) e traballando en proxectos coma o "Calendario Floral", en colaboración co grupo musical "DuoPrismA". Ilustracións expostas en varias cidades.
Licenciados, graduados ou estudantes de Bioloxía, Ciencias Ambientais, Belas Artes, Ilustración...; profesionais da educación ou da educación ambiental; persoas afeccionadas á pintura en xeral e ao debuxo científico en particular. A partir de 16 anos.
AS PRAZAS PARA ESTA FORMACIÓN ESTÁN ESGOTADAS
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org