• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Obradoiro de Iniciación ao Haiku

Vostede está aquí

Obradoiro de Iniciación ao Haiku
Prazas esgotadas!
Data
venres, 30 Xuño, 2023
Horario

De 17 a 20 h.

Lugar

Pazo de Lóngora, Liáns-Oleiros (antigas cabalarizas, actual sede da biblioteca e centro de documentación do CEIDA, e xardín)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia

Obxectivos

O haiku é unha forma de mirar a natureza e prestar atención aos cambios da paisaxe (brotes, florecemento, caída...) e a todo o que o rodea. O obxectivo deste taller é aprender as ferramentas básicas para esbozar un haiku, máxica composición poética xaponesa que conecta co presente e axuda a serenar a alma. Trátase dun poema curto, formado por 3 versos de 5 / 7 / 5 sílabas respectivamente. Centrarémonos na observación e percepción para intentar captar un momento da natureza a través de catro achegamentos: o silencio, a mirada, a palabra e a sinxeleza.

Dirixido a

Todas as persoas interesadas en iniciarse na creación literaria a través desta composición poética. Non é necesario ter coñecementos previos de poesía.

Metodoloxía

O obradoiro contará cunha parte práctica e outra teórica. A parte práctica desenvolverase no xardín do Pazo de Lóngora, e as explicacións teóricas, no interior da biblioteca. 

A actividade seguirá a seguinte metodoloxía:

  • Antes de crear: iniciarémonos no taller realizando unha práctica de atención plena na natureza para centrarnos no momento presente. A partir de ahí, explicaranse unhas pautas sinxelas para crear un haiku, que enlazará coa lectura e a análise de poemas dos grandes haijines como Bashô, Onitsura, Buson, Santôka, Issa, Sonojo ou Chiyo. Comentarase tamén a transcendencia desta composición poética en Occidente.
  • Creación: comezará cunha volta á natureza para o momento de inspiración. De novo na sala conectarase cos principios estéticos xaponeses do haiku como o aware, o wabi-sabi, o seijaku, o yûgen…
  • Posta en común: unha vez terminada a fase de creación, realizarase unha posta en común cos poemas creados, comprobando con grata sorpresa a emotividade á hora de captar o instante.
Imparte

Francisca García Jáñez,  Doutura en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid  (especialidade Arte e Literatura), escritora, docente e investigadora. Especializada en talleres de poesía xaponesa e minificción.

Colaborou como documentalista de imaxes e como asesora de arte e literatura en varias editoriais. Especialista en percorridos artísticos e literarios pola cidade e estudosa das conexións entre o retrato pictórico e literario. Publicou varios libros no campo da literatura e da arte como unha edición anotada de El libro del Buen Amor, un Repertorio iconográfico de escritores románticos españoles ou o libro de roteiro Tres itinerarios por la ciudad de Madrid.

Como investigadora e relatora especializada nos Séculos de Ouro e no Romanticismo, levou a cabo desde o ano 1985 estudos sobre a relación entre a imaxe plástica e literaria.

Cando escribe, explora a esencia humana desde unha perspectiva visual. A súa poesía é unha poesía de impulsos, de intuición, condensada en poucas palabras e froito da consciencia do vivido, lido e asimilado. Os seus versos destilan coñecemento e espesura desde unha perspectiva mística e reflexionan sobre a natureza —interior e exterior— e sobre a importancia do momento presente. O seu coñecemento do mundo oriental levouna a colaborar cos seus haikus xaponeses en varias exposicións de pintura nas cidades da Coruña, Pontevedra e Madrid xunto coas artistas Ana Adoitar Fernández e Yano Yoro: «A dama do pobo das flores» e «Kokoro, onde o sentimento únese á esencia».

Publicou en Edicións Torremozas (Madrid) unha triloxía de poemas xaponeses, todos eles ilustrados e en edición bilingüe: Tankas habitados (2018), un achegamento emotivo á poética do tanka partindo dun tema universal, o coñecemento dun mesmo a través da serenidade, a natureza e o amor; Komorebi, bosque de haikus (2020), unha mirada esencial do momento presente a través da luz da natureza e da súa conexión co universo interior do ser humano; e Sazanami, o que conta o mar (2022), unha visión persoal do mar na que a cor e o son fúndense para conectar co momento presente.

Na actualidade reside na cidade herculina e alterna a docencia e a escritura co estudo das relacións entre imaxe e texto desde un enfoque literario, pictórico e fotográfico.

Inscrición

AS PRAZAS PARA ESTA ACTIVIDADE ESTÁN ESGOTADAS

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio