• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Obradoiro de Iniciación ao Haiku

Vostede está aquí

Edición infantil!
Data
venres, 1 Setembro, 2023
Horario

De 11 a 13.30 h.

Lugar

Pazo de Lóngora, Liáns-Oleiros (antigas cabalarizas, actual sede da biblioteca e centro de documentación do CEIDA, e xardín)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia

Obxectivos

O haiku é unha forma de mirar a natureza e prestar atención aos cambios da paisaxe (brotes, florecemento, caída...) e a todo o que o rodea. O obxectivo deste taller é aprender as ferramentas básicas para esbozar un haiku, máxica composición poética xaponesa que conecta co presente e axuda a serenar a alma. Trátase dun poema curto, formado por 3 versos de 5 / 7 / 5 sílabas respectivamente. Centrarémonos na observación e percepción para intentar captar un momento da natureza a través da mirada, a palabra e o silencio.

Dirixido a

Público infantil-xuvenil, de 7 a 14 anos.

Non é necesario ter coñecementos previos de poesía.

Metodoloxía

O obradoiro contará cunha parte práctica e outra teórica. 

Antes de creariniciaremos o taller realizando unha breve práctica relacionada co silencio no interior da biblioteca. A partir de ahí, explicaranse unhas pautas sinxelas para crear o poema. Remataremos esta parte teórica coa lectura de haikus dos grandes haijines como Bashô, Onitsura, Buson, Santôka, Issa, Sonojo ou Chiyo. 

A inspiración do poema nolo facilitará o mini bosque que está ao lado da biblioteca. Deterémonos no son, na cor, no cheiro, na ollada atenta, e aprenderemos a OBSERVAR e ESCOITAR con atención á natureza. Iremos anotando todo o que teña que ver co momento presente. A partir de ahí comezará a xurdir o haiku.

Despóis da creación dos haikus en plena natureza, supervisaremos cada un con detalle para seleccionar os que teñan máis musicalidade. Unha vez terminada esta fase, realizaremos unha lectura dos poemas seleccionados e comprobaremos a creatividade dos nenos e nenas participantes.

Imparte

Francisca García Jáñez,  Doutura en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid  (especialidade Arte e Literatura), escritora, docente e investigadora. Especializada en talleres de poesía xaponesa e minificción.

Colaborou como documentalista de imaxes e como asesora de arte e literatura en varias editoriais. Especialista en percorridos artísticos e literarios pola cidade e estudosa das conexións entre o retrato pictórico e literario. Publicou varios libros no campo da literatura e da arte como unha edición anotada de El libro del Buen Amorun Repertorio iconográfico de escritores románticos españoles ou o libro de roteiro Tres itinerarios por la ciudad de Madrid.

Como investigadora e relatora especializada nos Séculos de Ouro e no Romanticismo, levou a cabo desde o ano 1985 estudos sobre a relación entre a imaxe plástica e literaria.

Cando escribe, explora a esencia humana desde unha perspectiva visual. A súa poesía é unha poesía de impulsos, de intuición, condensada en poucas palabras e froito da consciencia do vivido, lido e asimilado. Os seus versos destilan coñecemento e espesura desde unha perspectiva mística e reflexionan sobre a natureza —interior e exterior— e sobre a importancia do momento presente. O seu coñecemento do mundo oriental levouna a colaborar cos seus haikus xaponeses en varias exposicións de pintura nas cidades da Coruña, Pontevedra e Madrid xunto coas artistas Ana Adoitar Fernández e Yano Yoro: «A dama do pobo das flores» e «Kokoro, onde o sentimento únese á esencia».

Publicou en Edicións Torremozas (Madrid) unha triloxía de poemas xaponeses, todos eles ilustrados e en edición bilingüe: Tankas habitados (2018), un achegamento emotivo á poética do tanka partindo dun tema universal, o coñecemento dun mesmo a través da serenidade, a natureza e o amor; Komorebi, bosque de haikus (2020), unha mirada esencial do momento presente a través da luz da natureza e da súa conexión co universo interior do ser humano; e Sazanami, o que conta o mar (2022), unha visión persoal do mar na que a cor e o son fúndense para conectar co momento presente.

Na actualidade reside na cidade herculina e alterna a docencia e a escritura co estudo das relacións entre imaxe e texto desde un enfoque literario, pictórico e fotográfico.

Inscrición
  • Prazas limitadas.
  • Inscrición previa.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio