• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Obradoiro Poesía e Natureza. 'Árbores en pé. O poema que se alza'

Vostede está aquí

Obradoiro Poesía e Natureza. 'Árbores en pé. O poema que se alza'
Prazas limitadas
Data
venres, 6 Xuño, 2025 a sábado, 7 Xuño, 2025
Horario

Venres 6: de 17.30 a 20.30 h.
Sábado 7: de 11 a 14 h.

Lugar

Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga (antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, Oleiros).

Organiza

CEIDA

Patrocina

Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia

DESCRICIÓN

Este obradoiro é unha aproximación a aquela poesía na que a natureza ten un papel protagonista, e en concreto traballaremos coas árbores como motivo central. Para iso apoiarémonos nunha escolma de poetas que trataron as árbores dende distintas perspectivas na súa proposta literaria, entre elas as de Juana de Ibarborou, Ana Ajmátova, Rosalía de Castro ou Wislawa Szymborska. Aínda que a nómina de autores será máis extensa.

O que nos interesa é traballar con dúas perspectivas, celeste e terrestre, pólas e raíces, ar e terra. Así se organizará a primeira sesión na que se explorarán as distintas voces e achegas de cada un dos autores para, na segunda sesión, abordar a propia escrita. O obxectivo será procurar aqueles aspectos que as árbores, como símbolo crucial da natureza, atravesan a cada participante.

Na realización do traballo atenderemos á importancia do misterio poético e a procura da precisión na linguaxe sen esquecer a emoción. Traballaremos así coas coordenadas de celeste e terrestre, apoiándonos no territorio e os ciclos para crear textos nos que reflexar unha cartografía íntima e ao mesmo tempo universal.

DIRIXIDO A

Escritores/as, lectores/as, naturalistas, ornitólogos/as, biólogos/as, educadores/as ambientais, monitores/as de actividades de tempo libre, persoas vinculadas a ONG's ambientalistas, estudantes de literatura, estudantes universitarios/as e público xeral interesado.

IMPARTE

Dores Tembrás   (Bergondiño, 1979)

Licenciada en Filoloxía Hispánica en 2001, é especialista en literatura Hispanoamericana. En 2008, tras anos de investigación e diferentes estadías en Suecia, Madrid e Buenos Aires defendeu a súa tese doutoral:  La obra poética de Alejandra Pizarnik. Arquitectura de un desencuentro. 

En 2009 publicou o seu primeiro poemario,  O pouso do fume.   A partir dese momento sucédense os traballos poéticos:  Esquiagrafías, Diapositivas a clareoSilabario Opium.  En 2013 gañou o Premio de Poesía Concello de Carral coa obra Cronoloxía da urxencia. En 2016 publica a plaquette   Auga a través. E en 2023 sae do prelo o seu último poemario   Enxertos.

O seu primeiro libro de poesía infantil, O peizoque Roque, ve a luz en 2012.

Os seu textos foron traducidos a diversas linguas (vasco, catalán, español, inglés, alemán, ucraíno, croata, búlgaro e estonio) e incluidos en revistas, obras colectivas e antoloxías de difusión internacional.

O seu traballo poético sostense na brevidade e a precisión. A estirpe, a memoria, a infancia e a relación co agro e a natureza configuran un espazo onde o eu poético excava na linguaxe, outorgando ao silencio un lugar de preferencia.

En 2014 funda, xunto á tamén escritora Antía Otero, o proxecto cultural   Apiario,   que se centra en dúas áreas de traballo: unha escola adicada á formación, con cursos de escrita creativa e poética, e outra adicada á edición. Trátase dun proxecto de carácter independente que fai fincapé na importancia do libro como obxecto. O seu catálogo, focalizado en poesía, pretende outorgarlle a cada orixinal entidade individual e por iso o deseño de cada libro responde ás súa propias necesidades. Ao longo desta década conseguen recoñecementos e premios que inciden na excelencia do seu traballo editorial.

Inscrición
  • Inscrición gratuita.
  • Prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio