• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Patrimonio xeolóxico e xeodiversidade: ferramentas para a educación ambiental

Vostede está aquí

Patrimonio xeolóxico e xeodiversidade: ferramentas para a educación ambiental
Prazas limitadas
Data
mércores, 7 Outubro, 2026 a mércores, 18 Novembro, 2026
Lugar

Curso online

Organiza

CEIDA

Obxectivos
  • Comprender os conceptos básicos de patrimonio xeolóxico e xeodiversidade, así como a súa importancia científica, ambiental, educativa e cultural no contexto da conservación do patrimonio natural.
  • Identificar e interpretar elementos de interese xeolóxico no territorio, recoñecendo o seu valor como recursos didácticos para a educación ambiental.
  • Analizar o papel da xeoloxía e da xeodiversidade nos procesos naturais e na configuración das paisaxes, favorecendo unha visión integrada do medio natural.
  • Deseñar e aplicar recursos, actividades e estratexias educativas que incorporen o patrimonio xeolóxico e a xeodiversidade en programas e iniciativas de educación ambiental.
Dirixido a
  • Educadoras e educadores ambientais.
  • Profesorado de diferentes niveis educativos interesado na integración do patrimonio natural nas súas actividades docentes.
  • Guías e intérpretes do patrimonio natural e cultural.
  • Persoal técnico de espazos naturais protexidos, centros de interpretación e entidades ambientais.
  • Estudantes e persoas tituladas en áreas relacionadas coas ciencias ambientais, a xeoloxía, a bioloxía ou disciplinas afíns.
  • Membros de asociacións ambientais, entidades de custodia do territorio e outras persoas interesadas na conservación e divulgación do patrimonio natural.
Imparte

Ángel Enrique López Pérez, Doutor en Ciencias Xeolóxicas e Técnico Superior de Control e Educación Ambiental. Actualmente é profesor e investigador na Universidade de Vigo.

Contidos
  • Módulo 1: Introdución ao patrimonio xeolóxico e á xeodiversidade:
    • Concepto de patrimonio xeolóxico e xeodiversidade.
    • Tipos de elementos xeolóxicos: rochas, minerais, fósiles e formacións xeomorfolóxicas.
    • Importancia científica, educativa e cultural do patrimonio xeolóxico.
    • Riscos e ameazas sobre o patrimonio xeolóxico.
    • Relación entre xeodiversidade, biodiversidade e paisaxe.
  • Módulo 2: Procesos xeolóxicos e interpretación do territorio:
    • Procesos xeolóxicos internos: magmatismo e metamorfismo.
    • Procesos xeolóxicos externos: erosión, sedimentación e modelado da paisaxe.
    • Interpretación do territorio a partir de elementos xeolóxicos.
  • Módulo 3: Patrimonio xeolóxico, xeodiversidade e educación ambiental:
    • Integración do patrimonio xeolóxico en programas de educación ambiental.
    • Recursos didácticos para a interpretación e a sensibilización ambiental.
    • Deseño de itinerarios interpretativos e actividades de campo.
    • Exemplos prácticos de programas educativos con patrimonio xeolóxico.
  • Módulo 4: Deseño e programación de actividades de educación ambiental sobre patrimonio xeolóxico:
    • Planificación de actividades educativas centradas na xeoloxía e xeodiversidade.
    • Elaboración de materiais didácticos e recursos interactivos.
    • Adaptación das actividades a diferentes niveis educativos e públicos.
    • Avaliación e mellora das propostas educativas.
  • Módulo 5: Comunicación e divulgación do patrimonio xeolóxico:
    • Estratexias de comunicación adaptadas a distintos públicos.
    • Creación de guías, carteis, mapas e outros materiais visuais.
    • Uso das novas tecnoloxías e das redes sociais para a divulgación da xeodiversidade.
Descrición
  • 30 horas (10 h teoría + 20 h exercicios prácticos).
  • Clases semanais en directo.
  • Titorías persoais e seguimento personalizado.
  • Foro de dúbidas e cuestións xerais.
  • Idioma: castelán.
Inscrición
  • Matrícula: 80 €
  • Inscrición previa a través do formulario:

            

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
[email protected]

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio