• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Programa 'Para unha Transición Ecolóxica': Formación do Profesorado

Vostede está aquí

Programa 'Para unha Transición Ecolóxica': Formación do Profesorado
Prazas limitadas!
Organiza

CEIDA

Patrocina

Deputación da Coruña (programa 'Para unha Transición Ecolóxica')

Descrición xeral do programa formativo

O CEIDA, co apoio da Deputación da Coruña e a través do programa “Para unha Transición Ecolóxica”, pon en marcha un programa formativo para profesorado coa finalidade de achegar información e coñecemento sobre as problemáticas ambientais actuais de maior envergadura, así como da importancia dos nosos espazos naturais protexidos de cara ó seu coñecemento e conservación, proporcionando recursos que lle sirvan para tratar as temáticas na aula.

Somos conscientes de que na actual sociedade que estamos a vivir o eido ambiental cada vez corre máis risco e, por tanto, tamén é obxectivo dunha consideración maior, tanto a nivel social xeral como na educación formal a todos os niveis. É por iso que consideramos que estas actividades poden resultar útiles para o persoal docente que terá que traballar nalgún momento sobre temas ambientais vencelladas ao currículo escolar e aos contidos dos diferentes cursos académicos.

A finalidade das actividades é tamén que o profesorado sexa protagonista e poña en valor as súas dúbidas, preguntas, experiencias, ideas, inquietudes e cuestións de calquera tipo en relación ás temáticas traballadas.

O programa formativo abarcará as catro liñas do programa 'Para unha Transición Ecolóxica':

  • Os espazos naturais protexidos.
  • A emerxencia climática.
  • O lixo mariño.
  • A soberanía alimentaria.

 

As catro actividades son independentes entre si, podéndose anotar a unha, a todas, ou a varias diferentes. 

Obxectivos específicos
  • Transmitir coñecemento sobre os Espazos Naturais Protexidos, os seus valores, xestión e importancia.
  • Comunicar a problemática da Emerxencia Climática, os ricos que conleva, e a pedagoxía á hora de traballar sobre ela.
  • Informar sobre a problemática do lixo mariño e o uso de plásticos, xunto coas súas consecuencias.
  • Poñer en valor a soberanía alimentaria para unha alimentación saudable e nutritiva que conserve os nosos recursos naturais.
Dirixido a

Está dirixido principalmente ao profesorado de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional da rama científica, aínda que tamén poderá inscribirse o persoal docente doutras ramas.

Como as prazas son limitadas, terá prioridade o profesorado da provincia da Coruña.

Horario e datas

As actividades terán lugar todos os mércores do mes de novembro, en horario de 16 a 18 horas:

  • 8 de novembro: formación sobre lixo mariño.
  • 15 de novembro: formación sobre emerxencia climática.
  • 22 de novembro: formación sobre espazos naturais protexidos.
  • 29 de novembro: formación sobre soberanía alimentaria.
Inscrición
  • As actividades son gratuitas.
  • Imprescindible inscrición previa.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio