Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Instituto de Facilitación y Cambio (IIFAC-E), ALTEKIO Soc Coop.
Todas as persoas interesadas en desenvolver e potenciar as súas habilidades relacionadas co traballo con grupos, equipos de traballo, colectivos e organizacións.
César Fernández e Concepción Piñeiro. IIFACE e ALTEKIO Soc Coop.
Os conflitos son naturais e poden ser creativos e produtivos. Pero sen facilitación, os conflitos son custosos. Repítense, escalan e minan a nosa resolución e o espírito de equipos e organizacións. Neste curso distinguiremos as diferentes dinámicas do conflito e aprenderemos a intervir a diferentes niveis (individual, de relación, grupal). Enfocarémonos no traballo interno que cómpre facer dende o rol de facilitador para descubrir o potencial creativo dentro do conflito e atopar intervencións para a súa resolución.
Matrícula
80 €
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org