• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Seminario 'Outra Ollada na Xestión Local dos Residuos: Tres anos de REVITALIZA'

Vostede está aquí

Seminario 'Outra Ollada na Xestión Local dos Residuos: Tres anos de REVITALIZA'
Data
luns, 17 Decembro, 2018
Lugar

Salón de Plenos do Pazo Provincial de Pontevedra (Avda. Montero Ríos, s/n)

Organiza
  • Deputación de Pontevedra
  • CEIDA
Obxectivos
  • Presentar os resultados xerais da estratexia REVITALIZA como modelo na xestión de residuos orgánicos ata o momento actual.
  • Dar a coñecer casos prácticos en concellos na Liña-II de REVITALIZA, e a importancia do traballo das ONGs cos convenios de colaboración.
  • Resaltar a importancia da educación ambiental como ferramenta para a creación dunha sociedade máis comprometida e sensibilizada coa problemática dos residuos.
  • Dar a coñecer as novidades en materia lexislativa para a xestión/prevención dos biorresiduos trala publicación da nova Directiva Europea no horizonte 2020.
Dirixido a
  • Técnicos/as de distintas administracións locais vencellados/as á planificación e xestión municipal.
  • Responsables de medio ambiente e da xestión dos residuos das entidades locais.
  • Persoas implicadas na xestión dos residuos sólidos urbanos.
Programa
  • 09.30 h. Recepción das persoas participantes.
  • 10.00 h. Inauguración do seminario:
    • D. Carlos Vales Vázquez. Director do CEIDA.
    • Dna. Carmela Silva Rego. Presidenta da Deputación de Pontevedra.
  • 10:15 h. Charla marco: Tres anos de REVITALIZA.
    • D. César Mosquera Lorenzo. Vicepresidente da Deputación de Pontevedra
    • D. Carlos Pérez Losada. Asesor técnico de REVITALIZA
  • 11.00 h. REVITALIZA no ámbito educativo. Equipo de Educación Ambiental do CEIDA.
  • 11.30 h. Descanso
  • 12.00 h. Mesa redonda: Casos prácticos. Modera: Dna. María Martínez Abraldes. Técnica da Deputación de Pontevedra.
    • Equipo do Concello do Grove
    • Equipo do Concello das Neves
    • Equipo do Concello de Vilaboa
    • Equipo dos Concellos de Mondariz e Mondariz Balneario
    • Equipo do Concello de Pontevedra
  • 13.30 h. Marco normativo na xestión de biorresiduos no horizonte 2020. Dna. Gema Gonzalo Pedrero. Consejera Técnica de la Subdirección General de Residuos. Ministerio para la Transición Ecológica.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio