• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Taller de Iniciación á Acuarela de Natureza

Vostede está aquí

Taller de Iniciación á Acuarela de Natureza
Prazas limitadas
Data
venres, 15 Maio, 2026 a sábado, 16 Maio, 2026
Horario
  • Venres: 16-20 h.
  • Sábado: 10-14 h.
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Deputación da Coruña, Programa Para unha Transición Ecolóxica

Obxectivos

O obxectivo principal deste curso é que as persoas participantes adquiran unhas nocións básicas de debuxo e pintura de natureza en acuarela, que lles permitan tomar apuntes do que observan na natureza nas súas saídas ao campo, e podan así facerse cun caderno de campo da súa propia autoría.

Realizarase un taller teórico o venres pola tarde e un obradoiro práctico o sábado pola mañá na contorna da Illa de Santa Cruz.

Dirixido a
  • Idades de 14-99 anos. Non é preciso ter experiencia previa.
  • Naturalistas, ornitólogo/as, biólogo/as, profesionais da educación ambiental, monitores/as de actividades de tempo libre, persoas vinculadas a ONGs ambientalistas, estudantes de arte e universitarios, e público en xeral interesado.
Imparte

José Arcas

Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como investigador na Universidade de Vigo e na Universidade de Murcia, publicando artigos científicos e de divulgación sobre diferentes aspectos relacionados coa ecoloxía e a conservación de aves. Participou en varios proxectos LIFE con fondos europeos, no estudo das aves esteparias de La Serena, en Extremadura; e no Plan de Ordenación da ZEPA Mar Menor, entre outros.

Como artista, leva pintando toda a vida, e profesionalmente desde hai 15 anos. Participou en varias exposicións, tanto individuais como colectivas en Galicia, Madrid, Reino Unido e, máis recentemente, no Parque Nacional de Abruzo, Lazio y Molise en Italia, nun precioso proxecto chamado Pittori in Faggeta - Pintores no faial - xunto a algúns dos mellores pinceis italianos como Elisabetta Mitrovic, Federico Gemma, Marco Preziosi, acompañados polo incomparable Nick Derry.

Ten publicado varios libros centrados na pintura de natureza, como   Cuaderno de campo de las Islas Cíes   (Catro Ventos Editora),   Alexandrinus   (autoeditado e distribuído pola editorial Círculo Rojo),    Viches iso? Un singular percorrido pola vida das aves invisibles   (Editorial Galaxia) ou   Contra vento e marea: o ciclo da vida no Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes   (editado polo CEIDA).

Material necesario

O material necesario a aportar polas persoas participantes é: 

  • Caderno de acuarela para a parte práctica (preferiblemente caderno en acordeón ou zigzag).
  • Block de acuarela. Papel 100x100 algodón (Recomendable), para a clase teórica.
  • Acuarelas (importante que non sexan escolares, as dos pocillos redondos non serven).
  • Lapis 2H.
  • Goma de borrar.
  • Prismáticos ou telescopio, se é posible.
Inscrición
  • Inscrición gratuita.
  • Imprescindible inscripción previa a través do seguinte FORMULARIO:       
      
       

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio