• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Taller 'Educación Ambiental para a Sostibilidade': Planificación e Deseño de Estratexias de Educación Ambiental para a Sostibilidade en Áreas Protexidas e Concordancia coa Axenda 2030

Vostede está aquí

Taller presencial 'Educación Ambiental para a Sostibilidade'
Data
luns, 23 Maio, 2022
Horario

10 a 14 h.

Lugar

Salón de actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia

Obxectivos
  • Promover a reflexión sobre o papel da Educación Ambiental ante a Crise Global.
  • Presentar os modelos de gobernanza participativa como parte da planificación en Áreas Protexidas.
  • Poñer en valor a Educación Ambiental como ferramenta transversal para lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
Imparte

Antonio Mariano San Blas Álvarez. 

Licenciado en Ciencias da Educación pola Universidad de La Laguna. Máster en Educación Ambiental e en Xestión de Espazos Protexidos pola Universidad Oberta de Catalunya. Director Executivo da Reserva Mundial da Biosfera de La Palma durante 20 anos, asumindo ademáis outras responsabilidades na UNESCO. Na actualidade é o responsable da Unidade de Educación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Emerxencias, Cabildo Insular de La Palma.

Desenvolveu estudos e proxectos relacionados coa sostibilidade insular, a organización e xestión de Reservas de Biosfera, así como os seus entornos socioeconómicos, entre outros temas. Colaborador en diversas publicacións e autor de artículos en prensa e revistas especializadas. Foi nomeado Vicepresidente del Centro UNESCO Canarias, Vicepresidente de ArBios (Asoc. Amigos de las Reservas de Biosfera), membro do Consello Científico do Instituto de Turismo Responsable e Embaixador de Sendeiros Comunitarios da Unión Europea.

Programa
  • 10.00 h. Inauguración.
  • 10.30 h. Presentación do taller.
  • 10.45 h. A Educación Ambiental para a Sostibilidade como Ferramenta ante a Crise Global (1ª parte):
    • Marco conceptual.
    • Marco estratéxico.
      • Ámbito Internacional. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
      • Ámbito Estatal. Plan de Acción de Educación Ambiental para a Sostibilidade.
      • Ámbito Local. Axenda 2030 e Estratexia de Economía Circular.
  • 12.00 h. Pausa.
  • 12.30 h. A Educación Ambiental para a Sostibilidade como Ferramenta ante a Crise Global (2ª parte):
    • Gobernanza Participativa e Xestión Adaptativa.
      • Caixa de ferramentas
    • Marco operativo.
      • Áreas de intervención. Concordancia cos ODS.
  • 13.30 h. Conclusións.
  • 14.00 h. Clausura.
Inscrición

Prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio