• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Taller 'Fotografía Creativa na Natureza: naturezas fotográficas cercanas'

Vostede está aquí

Taller 'Fotografía Creativa na Natureza: naturezas fotográficas cercanas'
Prazas limitadas!
Data
sábado, 29 Abril, 2023
Horario

9.30 - 14.30 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia

Obxectivos
  • Ofrecer ás persoas participantes unha reflexión aberta sobre a necesidade de minimizar os impactos da práctica da fotografía na natureza, maximizando a vivencia fotográfica e mellorando a actividade fotográfica no medio natural, apostando pola arte fotográfica como principal atractivo e recurso que nos ofrecen os espazos naturais. 
  • Ensaiar un catálogo aberto de recursos técnicos, compositivos e estéticos cos que abordar creativamente a práctica da fotografía de natureza, que se ensaiarán na parte práctica do taller. Serán recursos universais para poñer en práctica en case calquera espazo natural, explorando as posibilidades de conexión da arte fotográfica coa natureza. 
Dirixido a
  • Público xeral adulto con afección á fotografía e interese en mellorar as súas instantáneas na natureza; persoas socias de colectivos e asociacións xerais de fotografía; asociacións de fotografía de natureza, etc.
Imparte

Javi Puertas. 

Javier Puertas é xeógrafo e fotógrafo de territorios e natureza, experto en espazos naturais. É membro da Asociación Española de Fotografía de Natureza, onde lidera o “Comité de Conservación”. É responsable da aula de Fotografía de Humanes de Madrid, e imparte así mesmo con cursos e seminarios intensivos da man de numerosas entidades ambientais. Conta con varias exposicións itinerantes artísticas e divulgativas: “Naturales Fotográficas”, “Cultura y Naturaleza, y Viceversa”, “Patrimonios verticales”, “El auga y sus paisajes”, “El bosque y sus paisajes”, “La Vera, una visión en blanco y negro”, “Luces africanas: Marruecos”. 

Programa
  • 9.30 - 11.00 h. Conferencia 'Naturezas fotográficas cercanas'. 
  • 11.00 - 11.30 h. Pausa.
  • 11.30 - 14.30 h. Taller práctico na contorna do Castelo de Santa cruz.
Requisitos

Equipo fotográfico dixital, cámara reflex ou compacta, con controles manuais, trípode.

Inscrición
  • Actividade gratuita.
  • Prazas limitadas por riguroso orde de inscrición.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio