• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Traballando en Rede pola Biodiversidade Urbana

Vostede está aquí

Traballando en Rede pola Biodiversidade Urbana
Data
venres, 9 Novembro, 2018
Horario

De 10 a 18 h.

Lugar
  • Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
  • Parque Luis Seoane (Santa Cruz, Oleiros)
  • Ría do Burgo (Culleredo)
Organiza
  • CEIDA
  • Coa colaboración da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Co apoio de

          

* Accións gratuítas cofinanciadas polo FSE. Conseguir formación e un emprego de calidade

OBXECTIVOS
  • Dar a coñecer o concepto de infraestrutura verde no ámbito urbano e a importancia da biodiversidade urbana.
  • Coñecer e avaliar dous exemplos de infraestrutura verde urbana no ámbito da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
  • Presentar a creación dunha rede colaborativa online para a difusión e intercambio de experiencias e coñecemento entre todos os/as profesionais deste ámbito.
Dirixido a
  • Técnicos e persoal de servizos municipais.
  • Traballadores/as de consultorías e empresas de servizos ambientais, urbanísticos, etc.
  • Traballadores/as en activo en xeral.
  • Outros públicos interesados, en función da dispoñibilidade de prazas.
Programa
  • 10:00 h. Recepción de asistentes e presentación.
  • 10:30 h. Os beneficios para o benestar humano da Infraestrutura Verde Urbana. Pedro Calaza Martínez. Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.
  • 11:15 h. Infraestrutura Verde da Área de A Coruña. Manuel Giménez Solla, Equipo técnico da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.
  • 12:00 h. Descanso.
  • 12:30 h. Presentación da rede colaborativa “Traballando en rede pola biodiversidade urbana”- proxecto EmpleaVerde Concellos Verdes. Sergio París, CEIDA.
  • 13:00 h. Visita de campo demostrativa sobre Infraestrutura Verde e biodiversidade urbana: Parque Luis Seoane, Santa Cruz (Oleiros). 
  • 14:00 h. Comida.
  • 16:00 h. Visita de campo demostrativa sobre Infraestrutura Verde e biodiversidade urbana: Ría do Burgo, Culleredo. 
  • 18:00 h. Remate da actividade.
Requisitos

Actividade gratuíta para traballadores/as en activo.

Para inscribirse, deberá presentarse a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude de participación.
  • Copia do DNI ou tarxeta de residencia.
  • Documento acreditativo da condición de traballador/a en activo (cabeceira dunha das tres últimas nóminas ou certificado de empresa selado para traballadores/as por conta allea; ou xustificante do pago da cuota de autónomos dun dos últimos tres meses previos, para traballadores/as por conta propia).
  • Acreditación da pertenza a colectivos prioritarios, se procede: persoas con discapacidade, persoas residentes en áreas protexidas ou concellos rurais.

*En caso de quedar prazas vacantes, aceptaranse aquelas solicitudes dos interesados/as que non reúnan os requisitos desta convocatoria (non traballadores/as en activo).

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio