Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Instituto Internacional de Facilitación e Cambio (IIFAC-E)
Educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, emprendedoras/es sociais, xestores, activistas sociais, animadores/as socioculturais, participantes de organizacións interesadas en mellorar o seu funcionamento grupal ou en como facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos e comunidades dunha forma participativa, innovadora e potenciando a diversidade.
Anna Pujol. IIFAC-E
Concienciar das dinámicas da diversidade relacionadas coa cultura, xénero, etnia, raza. Facilitar a diversidade interna e externa incluíndo o traballo coas realidades históricas e a diversidade persoal e cultural dos estilos de liderado. Diferentes formas de poder nos grupos, formas de empregalo e diferentes estilos de liderado. Explorar a diversidade dos grupos, como se experimenta tanto a nivel interno, entre as relacións dentro do grupo, e nas interaccións do grupo cara o exterior. A relación do poder e a diversidade e como podemos como facilitadores/as contribuír a que haxa unha maior claridade e consciencia dentro dos grupos acerca da relación entre a diversidade e as relacións de poder.
Interésache se
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org