De 10 a 12 h.
A través da canle de Youtube do CEIDA:
Quinta edición do encontro internacional do lixo mariño, onde se falará das crebas (todo aquelo recollido nas praias, devolto polo mar e susceptible de ser reutilizado) como arte, como medio de transmisión dunha realidade de intoxicación do planeta por plásticos que van parar ao mar. Temos a certa experiencia de que á sociedade non lle gusta mirar de fronte esta realidade a menos que se faga algo bonito e extraordinario co lixo. E o firme convencemento de que os obradoiros artísticos con lixo mariño son unha magnífica experiencia sensorial que facilita moito a comprensión e sensibilización a cerca desta problemática.
Todos os públicos.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org