• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Viaxeiras: movementos de aves mariñas polo Atlántico + Xornada presentación de resultados Ártabro3

Vostede está aquí

Viaxeiras: movementos de aves mariñas polo Atlántico
Programa provisional
Data
venres, 30 Setembro, 2022 a sábado, 1 Outubro, 2022
Lugar

Xornada online

Organiza

CEIDA

Colabora

Este proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través do Programa pleamar do FEMP

 

Obxectivos

A costa galega  sitúase no corazón dun dos principais corredores migratorios para as aves mariñas do planeta. Ademáis, a riqueza das nosas augas é aproveitada ao longo do ano polas máis diversas especies procedentes dos océanos máis dispares.

Por este motivo parte das nosas augas forman parte da Rede Natura 2000 mariña, e outras áreas como o Golfo Ártabro cumplen tamén os criterios para integrarse nelas pola súa importancia para a conservación destas especies, tal como puxo de relevancia o proxecto Aves Ártabras, desenvolto polo CEIDA dende 2019.

Nesta xornada presentarase parte do coñecemento actualmente existente sobre o corredor migratorio cantábrico e os movementos das aves oceánicas polo mar galego, poñendo de relevancia a súa importancia no eido da conservación da biodiversidade mariña. O sábado 1 realizarase unha actividade práctica mediante unha visita á estación ornitolóxica de Estaca de Bares, un dos principais puntos de Europa para o espetáculo da observación do paso migratorio.

Ademáis, a continuación da xornada online, o venres 30 terá lugar unha xornada de presentación de resultados do proxecto 'Artabro3'.

 

Dirixido a
  • Profesionais, técnicos e/ou usuarios/as de actividades relacionadas co medio mariño.
  • ONG’s de carácter ambiental.
  • Administracións competentes na xestión ambiental, pesqueira, territorial, etc.
  • Poboación local e público xeral interesado.
Programa

VENRES, 30 SETEMBRO

10:30 – 10:40 h. Benvida e presentación.

10.40 – 11.20 h. Que sabemos sobre os movementos de aves no Atlántico Norte?. Marcel Gil Velasco, Cory´s.

11.20 – 12.00 h. A onde van as pardelas galegas?. D. Sergio París Gómez, CEIDA.

12.00 – 12.40 h. Contaminación lumínica e pardelas. D. Sergio París Gómez, CEIDA.

12.45 - 13.30 h. Xornada de presentación de resultados do proxecto 'Ártabro3'.

 

SÁBADO, 1 OUTUBRO

8.45 – 10.20 h. Saída de Santa Cruz e traslado en autobús a O Vicedo*.

10.30 – 11.15 h. A importancia do corredor migratorio cantábrico para as aves mariñas do planeta. D. Antonio Sandoval.

11.30 – 12.00 h. Traslado a Estaca de Bares.

12.00 – 19.00 h. Observación do paso  migratorio en Estaca de Bares.

* Bus gratuíto.

 

Inscrición
  • Acción gratuita financiada polo FEMP.
  • Prazas limitadas.
  • Imprescindible inscrición.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio