• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

VII Encontro Internacional do Lixo Mariño. Crebeiros no mundo. Traballando pola saúde dos océanos

Vostede está aquí

VII Encontro Internacional do Lixo Mariño. Crebeiros no mundo. Traballando pola saúde dos océanos
Prazas limitadas!
Data
venres, 6 Outubro, 2023
Horario

9.30 - 14.30 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • CEIDA
  • Mar de Fábula.
  • RetoqueRetro.
Colabora

Deputación da Coruña, dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica'.

Obxectivos

Séptima edición do encontro internacional onde se falará das Crebas (todo aquelo recollido nas praias, devolto polo mar e susceptible de ser reutilizado) como Arte, como medio de transmisión dunha realidade de intoxicación do planeta por plásticos que van parar ao mar. Temos a certa experiencia de que á sociedade non lle gusta mirar de fronte esta realidade a menos que se faga algo bonito e extraordinario co lixo. E o firme convencemento de que os obradoiros artísticos con lixo mariño son unha magnífica experiencia sensorial que facilita moito a comprensión e sensibilización a cerca desta problemática. 

Dirixido a

​Todos os públicos.

Programa
  • 9.30 h. Inauguración.
  • 9.45 h. Centro de actividades ambientais de Mar de Fábula en Camelle: unha realidade. Xosé Manuel Barros e Virxinia Barros. Asociación Mar de Fábula
  • 10.15 h. Das crebas ao lixo. Javier Serantes, Isabel García e Ana Lee. Asociación RetoqueRetro.
  • 10.45 h. Limpeza de praias e caracterización de lixo mariño en Islandia. Carlota Vialcho Miranda. Ocean Missions - Islandia.
  • 11.15 h. Descanso.
  • 11.45 h. Educación ambiental para a conservación das quenllas. Fernando Reis. Sharks Educational Institute - SEI Portugal (videoconferencia).
  • 12.15 h. Mamíferos e tartarugas mariñas nun océano de lixo. Alfredo López. Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
  • 12.45 h. Cultura Oceánica fronte o lixo mariño. Equipo de Educación Ambiental do CEIDA.
  • 13.15 h. Limpeza de praia - Obradoiro Crebeiros. Equipo de Educación Ambiental do CEIDA.
Inscrición
  • A inscrición pode realizarse na xornada completa (charlas + limpieza-obradoiro) ou só na limpeza-obradoiro.
  • Actividade gratuita.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio