• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Xornada 'A Avaliación Ambiental hoxe: retos e perspectivas"

Vostede está aquí

Xornada 'A Avaliación Ambiental hoxe: retos e perspectivas"
Prazas limitadas
Data
xoves, 9 Outubro, 2025
Horario
  • 9-14 h.
  • 16-18 h.
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

Grupo de Investigación de Dereito Público Global, Facultade de Dereito, Universidade da Coruña.

Colabora

CEIDA.

Obxectivos
  • Analizar os retos actuais da avaliación ambiental no marco normativo e institucional.
  • Debater sobre a súa aplicación práctica en ámbitos clave como as enerxías renovables, a Rede Natura 2000, o medio mariño e as medidas compensatorias.
  • Compartir coñecemento especializado a través de achegas de profesorado universitario, persoal técnico da administración e expertos de referencia.
  • Favorecer o intercambio de experiencias entre profesionais e investigadores, fomentando unha visión crítica e construtiva sobre os procedementos de avaliación ambiental.
  • Contribuír á mellora das políticas públicas e á protección do medio natural mediante reflexións conxuntas e propostas innovadoras.
Dirixido a
  • Persoal da administración pública con competencias en medio ambiente, ordenación do territorio e planificación sectorial.
  • Profesionais da consultoría e asesoría ambiental.
  • Investigadores/as e docentes universitarios/as das áreas de Dereito, Economía, Bioloxía, Enxeñaría e Ciencias Ambientais.
  • Estudantado de grao e posgrao interesado na xestión ambiental e a sustentabilidade.
  • Representantes de organizacións sociais, ecoloxistas e entidades vinculadas á conservación do medio.
  • Público xeral interesado
Programa
  • 09.00 h. Presentación:
    • Dna. Marta García Pérez. Secretaria Xeral da Universidade da Coruña.
    • Dna. Jennifer Sánchez González. Profesora de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña e Directora da Xornada.
  • 09.15 h. Conferencia inaugural:
    • D. Íñigo Sanz Rubiales. Catedrático de Dereito Administrativo. Universidad de Valladolid.
  • 10.00 h Mesa 1: Avaliación ambiental e enerxías renovables. Moderador: D. José Antonio Blanco Moa. Profesor de Dereito Administrativo. Universidade da Coruña.
    • D. Ángel Ruíz de Apodaca. Catedrático de Dereito Administrativo. Universidad de Navarra
    • Dna. Manuela Mora Ruiz. Catedrática de Dereito Administrativo. Universidad de Huelva
    • Dna. Ana Martina Varela Velo. Avogada.
  • 11.15 h. Pausa.
  • 11.45 h. Mesa 2: Avaliación ambiental e Rede Natura 2000. Moderadora: Dna. Jennifer Sánchez González. Profesora de Dereito Administrativo. Universidade da Coruña
    • D. J. José Pernas García. Profesor Titular de Dereito Administrativo. Universidade da Coruña
    • Dna. Blanca Soro Mateo. Catedrática de Dereito Administrativo. Universidad de Murcia.
  • 13.00 h. Mesa 3: Avaliación ambiental e medio mariño. Moderadora: Dna. Itziar Sobrino. Investigadora contratada posdoctoral Xunta de Galicia.
    • D. Fco. Javier Sanz Larruga. Catedrático de Dereito Administrativo. Universidade da Coruña.
    • D. Juan Bellas Bereijo. Responsable do Grupo Contaminación Mariña do Instituto Español de Oceoanografía de Vigo.
    • D. Sebastián Villasante Larramendi. Profesor Titular de Economía e Director do Equalsea Lab. Universidade de Santiago de Compostela.
  • 14.15 h. Comida.
  • 16.00 h. Mesa 4: Avaliación ambiental e medidas compensatorias. Moderador: D. Carlos Aymerich Cano. Profesor Titular de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña.
    • Dña. Eva Lahoz Carballo. Subdirecció de Biodiversitat i Medi Natural. Generalitat de Cataluña.
    • D. Álvaro Carretero Luna. Conselleiro Técnico. Subdireción General de Evaluación. Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.
Inscrición

Prazas limitadas.

Inscrición previa a través do seguinte formulario:

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio