Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
CEIDA
Aproveitando a presenza no CEIDA do Profesor Stephen Olsen, Ex-director do Coastal Resources Center da Universidad de Rhode Island (Estados Unidos) e unha das maiores autoridades mundiais na xestión integrada das zonas costeiras, a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo en colaboración co CEIDA, organizou esta xornada de traballo sobre a xestión integrada da zona costeira no territorio da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A xornada foi unha oportunidade para contribuír ao cumprimento dos obxectivos do Plan Estratéxico da Reserva da Biosfera, aproveitando a experiencia e os coñecementos de casos prácticos desenvolvidos polo Profesor Stephen Olsen en diferentes lugares do mundo.
Nesta xornada de traballo participaron representantes da entidade xestora da Reserva da Biosfera, do Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro, das administracións locais, autonómicas e estatais en materia de medio ambiente e xestión costeira, das organizacións de pescadores e mariscadoras, da empresas vinculadas ao medio mariño, dos grupos de Investigación das Universidades e das Fundacións que traballan neste ámbito.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org