• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Xornada de presentación do Curso online 'Creación de empresas forestais e/ou apoio para optimizar métodos de traballo'

Vostede está aquí

Xornada de presentación do Curso online 'Creación de empresas forestais e/ou apoio para optimizar métodos de traballo'
Data
martes, 24 Maio, 2022
Horario

19.30 h.

Lugar

Local da Asociación de Veciños da Parroquia da Fervenza en Aranga (A Coruña).

Organiza
  • Deputación da Coruña
Colabora
  • CEIDA
Obxectivos

O proxecto GEFRECON persigue a promoción da Xestión Forestal Conxunta co fin de reducir o risco de incendios forestais no territorio POCTEP. O proxecto, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional FEDER a través do Programa InterregV-A España Portugal (POCTEP) 2014-2020, aborda unha temática de grande preocupación no territorio transfronteirizo como é a xestión de riscos relacionados co clima e, en concreto, a redución do risco de incendios forestais. 

Co fin de facilitar pautas e medidas que garanticen a protección dos espacios forestais, así como achegar as labores de prevención en caso de ter que actuar en caso de incendio, a Deputación da Coruña en colaboración co CEIDA, organiza a xornada de presentación deste curso online que se desenvolverá nas vindeiras semanas.

Dirixido a

Persoas que se dedican á agricultura ou a gandaría, propietarias de terreos, empresas de turismo de aventura, empresas forestais xa establecidas que queiran mellorar seus procesos, estudantes do sector forestal e afíns, personas que vexan no ámbito forestal unha posibilidade empresarial e outros axentes do territorio con especial atención na promoción da agrupación de propietarios forestais. 

Contidos
  • Prevención de incendios como unha parte integral do plan de xestión forestal.
  • Análise económico do coste e os beneficios dunha estratexia de prevención de incendios na xestión forestal.
  • Adaptación dos plans de prevención de incendios as características locais.
  • Sistemas de vixilancia e predición.
  • Adaptación ao cambio climático.
  • Xestión de masas vexetais sen utilización do lume.
  • Silvicultura.
  • Aproveitamento biomásico e xestión enerxética.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio