• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Xornada Natureza e Benestar. Encontros Axenda 2030. Traballando polos ODS

Vostede está aquí

Xornada  Natureza e Benestar
Prazas limitadas
Data
venres, 19 Setembro, 2025 a sábado, 20 Setembro, 2025
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Deputación da Coruña, dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica'

Obxectivos
  • Divulgar coñecementos científicos sobre os beneficios físicos, emocionais e psicolóxicos do contacto cos diferentes ambientes naturais.
  • Presentar investigacións de distintos ámbitos científicos que avalan o papel terapéutico da natureza.
  • Impulsar o ecoturismo como ferramenta de benestar.
  • Concienciar sobre a importancia de preservar os ecosistemas naturais como espazos saudables para a comunidade.
Dirixido a

A xornada está dirixida aos xestores/as, persoal técnico, docentes, profesionais do turismo activo, a profesionais da educación ambiental, monitores/as de actividades de tempo libre, persoas vinculadas a ONGs ambientalistas, estudantes, e público en xeral interesado.

Imparte
  • Alfonso Polvorinos Ovejero. Asesor técnico sobre Ecoturismo, Turismo de Natureza e Turismo Responsable/Sostible. Biólogo e Director da primeira revista multimedia 4.0 sobre Ecoturismo   www.elecoturista.com
  • Alicia Andrés, Directora de Artesavia Gestión Cultural y Naturaleza.
Programa

Día 19 de setembro

  • 10.00 h. Benvida e inauguración.
  • 10.30 h.  Bloque de ponencias I. Imparte: Alfonso Polvorinos.
    • Como e por que nos beneficia o contacto coa natureza?
    •  Neurociencia, bioloxía e saúde detrás dos diferentes ambientes naturais.
    • Benestar a través dos Sentidos.
  • 12.00 h.  Pausa café.
  • 12.30 h. Bloque de ponencias II:
    •  Actividades na natureza e que nos proporciona cada unha.
    • Beneficios terapeúticos do Ecoturismo.
  • 19.00  a 21.00 h. Actividade guiada por Alicia Andrés.
    •  Atardecer na praia para realizar a actividade inmersiva 'Mar de Orixe' (25 prazas*).

 

Día 20 de setembro

  • 7.45 – 10.00 h. Actividade guiada por Alicia Andrés.
    • Baño de Bosque ao Amencer (25 prazas*).

 

IMPORTANTE!  **** A participación nas actividades inmersivas requiren da asistencia previa ás ponencias .

Recomendacións para as actividades inmersivas

Mar de Orixe (praia)

  • Roupa e calzado cómodos.
  • Toalla ou esterilla na que te poidas tumbar ou sentar.
  • Auga.
  • Bañador.

 

Baño de bosque:

  • Roupa e calzado cómodos.
  • Algo impermeable onde sentarse.
  • Auga ou algo para comer se o precisas.
Inscrición

Actividades gratuítas.
A participación nas actividades inmersivas requiren da asistencia previa ás ponencias. So hai dispoñibles 25 prazas, que se reservarán por orde de inscrición.

Inscricións a través do seguinte formulario:
 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio