Castelo de Santa Cruz, Oleiros
Confraría de Pescadores de Sada
CEIDA
A Xestión Integrada de Zonas Costeiras (XIZC) ten como obxecto procurar o desenvolvemento sostible nun ámbito tan complexo no seus aspectos tanto físico como socioeconómico como é o costeiro, sometido ademais a unha intensa compartimentación de competencias.
O obxectivo desta xornada é dar a coñecer as estratexias que as Administracións Públicas están a desenvolver para acadar unha xestión integral do litoral, así como divulgar proxectos demostrativos que están traballando para un desenvolvemento sostible destas zonas e debater sobre o futuro do sector pesqueiro, principalmente, da pesca de baixura e da pesca artesanal.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org